Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/153-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. travesía Monserrat, 25-27.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: acometida eléctrica mediante liña subterránea de media tensión, baixo tubo, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 50 m de lonxitude, con orixe na liña nº 3 da Grela e final no C.T. na travesía de Monserrat 25-27 que se vai instalar. Centro de transformación en edificio nº 27 travesía de Monserrat, de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5554