Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/34-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Sobrado, Neboade.

Situación: Coles.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 144 m de lonxitude, en conductor LA-56 e apoios de

formigón, con orixe na liña P.R.S. 804 e fin no C.T. de Neboade. Liña subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude, en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na torre metálica da liña P.R.S. 804 e fin no C.T. proxectado con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Sobrado. Redes de B.T. no sector.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5556