Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/31-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 32003 Ourense.

Denominación: desvío instalac. eléctr. de M.T. e B.T. por aparcarc. Alameda.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: 6 liñas subterráneas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV de 52 metros de lonxitude cada unha (números 01, 02, 03, 07, 08, 09), con orixe no rexistro de M.T. proxectado na Alameda e denominado por A-1 e remate no rexistro de M.T. Proxectado na rúa e denominado por A-3. L.M.T. subterránea existente de enlace entre C.T. Liceo e C.T. Burgas de 40 m de lonxitude. R.B.T.S. proxectada a quiosco de prensa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5558