Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/40-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Xermeade.

Situación: Muíños.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 765 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 21 da L.M.T. existente a Prado-Xermeade e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA,

20.000/380-220 V de Xermeade. Liña de B.T. no C.T. aéreo proxectado de Xermeade.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 25 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5559