Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Carballo-Cimadevila-San Cristovo, no concello de Chandrexa de Queixa. (Expdediente IN407A 98/117-3).

1.-Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea a 20 kV, de 1,975 km, en conductor LA-56, derivada desde a L.M.T. San Cristovo-Rabal e remate no C.T. Valdemiotos.

2. L.M.T. aérea a 20 kV, de 0,054 km, de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. Valdemiotos e remate no C.T. San Cristovo.

3. L.M.T. aére a 20 kV, de 0,548 km, de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 20 da L.M.T. a C.T. Valdemiotos e remate no C.T. Casa Núñez.

4. L.M.T. aérea a 20 kV, de 0,608 km, de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 20 da L.M.T. a C.T. Valdemiotos e remate no C.T. Airas.

5. C.T. intemperie Casa Núñez, relación de transformación 20.000/380-220 V, cunha potencia de 100 kVA.

6. C.T. intemperie Airas, relación de transformación 20.000/380-220 V, cunha potencia de 50 kVA.

7. R.B.T. aérea, de 0,255 km, de lonxitude en conductor R.Z., con orixe no C.T. Valdemiotos.

8. R.B.T. aérea, de 1,24 km, de lonxitude en condcutor R.Z., con orixe no C.T. Casa Núñez.

9. R.B.T. aérea, de 0,847 km, de lonxitude en conductor R.Z., con orixe no C.T. Carballo.

e) Orzamento: 19.525.052 ptas.

2.-Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa isto segundo o procedemento establecido polos arti

gos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3.-Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial rúa Curros Enríquez nº

1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó ministerio fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/117. Provincia: Ourense.

L.M.T, C.T. e R.B.T. Carballo-Cimadevila.Termo municipal: Chandrexa de Queixa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3PireiroMonte baixoManuel Taboada Lópezr/Campanillas 27-8ºI,

24008 León

1261610

5PireiroPradoSeverino Fernández

Vega

Moratalá 101-2ºC, 28030

Madrid

54540

13BarreiroPradoSeverino Fernández

Vega

Moratalá 101-2ºC, 28030

Madrid

4244440

14BarreiroPradoSeverino Fernández

Vega

Moratalá 101-2ºC, 28030

Madrid

13130

15BarreiroPradoSeverino Fernández

Vega

Moratalá 101-2ºC, 28030

Madrid

18180

20CarballoHortaTomás Quintela SabínAlm.Braun-Mar del Plata, 4109, 7600-B.Aires821291290

42TerciasPradoAgapito Rodríguez RodríguezPraza Borrul 13-1ºI, 32767 Chandrexa de Queixa52520

44TerciasPradoManeuel Taboada Lópezr/Campanillas 27-8ºI,

24008 León

19224240

5557