Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Encoutada, no concello de Cortegada (Expediente IN407A 98/110-3).

1.-Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de Cortegada (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea, a 20 kV, de 0,671 km de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. existente ó C.T. Refoxos e remate no C.T. proxectado de Casares de Refoxos.

2. C.T. intemperie de Casares de Refoxos terá unha relación de transformación de 20.000/380-220 V e unha potencia de 50 kVA.

3. R.B.T. aérea do C.T. Casares de Refoxos terá unha lonxitude de 0,035 km en conductor R.Z. de aluminio, e a R.B.T. aérea do C.T. Refoxos terá unha lonxitude de 1,73 km en conductor R.Z. de aluminio en apoios de formigón e metálicos.

e) Orzamento: 7.024.122 ptas.

2.-Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación que se xunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3.-Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1-4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/110. Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Encoutada.Termo municipal: Cortegada.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4SoutoViñedoModesto Vergara Montero

José Mª Fernández Vergara

Refoxos Igrexa, s/n, 32221 Cortegada12841.344

5SoutoHortaHrdos. Francisco SantamaríaSouto Refoxos, s/n, 32211 Cortegada216

6SoutoPradoAuria Cid Formigo

Celso Cortes Cid

Refoxos Igrexa, s/n, 32211 Cortegada22711.136

7TaboaPradoJosé Manuel Álvarez ÁlvarezAvda. Castrelo 24-4ºC,

36210 Vigo

44704

8TaboaPradoHrdos. Francisco Santamaría Souto Refoxos, s/n, 32211 Cortegada33528

11TaboaHortaAuria Cid Formigo

Celso Cortes Cid

Refoxos Igrexa, s/n, 32211 Cortegada327112

12TaboaHortaHrdos. Francisco SantamaríaSouto Refoxos, s/n, 32211 Cortegada691.072

14TaboaHortaAuria Cid Formigo

Celso Cortes Cid

Refoxos Igrexa, s/n, 32211 Cortegada16256

5578