Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/19-2, 4897 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Barxa Abuíme (O Saviñao-Pantón).

Situación: O Saviñao-Pantón.

Características técnicas: liña de media tensión de 20 kV en apoios de formigón e conductor LA-56/54.6 mm cunha lonxitude de 0.699 km. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 380/220 V con conductor R.Z. 0.6/1 kV-3x25 Al+54.6 A.L.M.; R.Z.-0.6/1 kV-3x95 Al+54.6 A.L.M.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 18 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5575