Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/119-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Covas.

Situación: Os Blancos.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. 1ª: de 3.018 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 81 da L.M.T. existente a Baltar e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Covas. 2ª: de 142 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. proxectada a Covas e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Penalonga. 2 R.B.T. aéreas con orixe nos devanditos C.T. de 1.060 e 385 metros respectivamente en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5550