Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.895

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (62/1996).

Eu, María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe de que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 62/1996, se segue xuízo de separación conxugal no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución.

Sentencia. En Noia o nove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Ana María Lorenzo Carou, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, os presentes autos de xuízo de separación conxugal seguidos ante este xulgado co nº 62/1996, por instancia de María Teresa dos Santos Romero, representada polo procurador Otero Ramos e defendida pola letrada Sacido Pérez, contra Domingo Bermúdez Castro, en situación procesual de rebeldía, e concorrendo os seguintes (...) (seguen feitos e fundamentos xurídicos), decido: que estimando a demanda formulada polo procurador Otero Ramos no nome e representación de María Teresa dos Santos Romero, contra Domingo Bermúdez Castro, debo declarar e declaro a separación do matrimonio existente entre demandante e deman

dado, declarándose igualmente disolta a sociedade conxuga e con tódolos demais efectos inherentes á tal declaración, sen expresa condena en custas.

Notifíqueselle a presente resolución á parte demandada rebelde nalgunha das formas previstas no artigo 769º da LAC.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, e sirva de notificación en forma ó demandado rebelde en paradoiro descoñecido Domingo Bermúdez Castro, expido, asino e selo o presente edicto en Noia o nove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5610