Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.895

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

EDICTO (6050/1997).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso número 6050/1997, interposto por Coco Félix, contra resolución do Ministerio do Inte

rior, do 6 de maio de 1997, en expediente 9628092007, pola que se denega o recoñecemento da condición de refuxiado ó recorrente e o dereito de asilo, con data do 1 de setembro de 1997, se dictou a resolución que, entre outros particulares, é do teor seguinte:

«... e entrando en vigor a Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE 793, do 12-1-1996), fágaselle saber ó recorrente que para tramita-la dita petición deberá formula-la solicitude ante o Colexio de Avogados desta cidade, ou ante o xulgado do seu domicilio, co obxecto de que as Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta poidan proceder ó estudio dela e decidir se concorren ou non os requisitos para a obtención da dita asistencia. Todo iso co apercibimento de que no caso de non presentasen a solicitude dentro do prazo de trinta días se procederá sen máis trámite ó arquivo das actuacións, deberase acreditar ante esta sala a efectiva presentación da dita solicitude, dentro dos dez días seguintes ó da terminación do anterior prazo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Coco Félix, expido e asino o presente edicto na Coruña o quince de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5968