Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de limpeza de edificios e locais de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de limpezas e edificios e locais (código nº 3200225) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para

asinalo, en xuntanza celebrada o día 26-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Convenios Colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de limpezas de edificios

e locais de Ourense 1998

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo afectará a todo o persoal e empresas que se rixan pola ordenanza laboral de limpezas e locais do 15 de febreiro de 1975, que ámbalas partes acordan manter como lexislación subsidiaria para o non previsto neste convenio. Comprende no seu ámbito de aplicación as da provincia de Ourense e as que no ámbito desta provincia se creen ou residan.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Atópanse incluídos no ámbito de aplicación deste convenio, tódolos traballadores/as dependentes destas empresas, así como aquelas persoas que de acordo coa ordenanza vixente poidan saír do seu ámbito.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio comezará a rexer para tódolos efectos a partir do 1 de xaneiro de 1998, e rematará o 31 de decembro de 1998, mantendo a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro convenio entre as partes, se ben o presente convenio comezará a súa negociación no mes de novembro do dito ano, data na que se constituirá a comisión negociadora. En calquera caso, o seu articulado quedará vixente ata a substitución por outro convenio.

O presente convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se non é denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación ó termo da súa

vixencia. A fórmula de denuncia será por medio de comunicación da parte denunciante á outra parte, na que se expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións máis beneficiosas con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles que as viñan desfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas tivese que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Os traballadores fixos comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio desfrutarán, como complemento persoal de antigüidade, dun aumento periódico por cada tres anos de servicios prestados na mesma empresa ou centro de traballo na contía do 5% de salario base por cada trienio.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá tres pagas extraordinarias, unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios, pagadoira no mes de marzo, na contía cada unha delas de 30 días de salario base máis antigüidade. O cálculo das ditas pagas efectuarase por sextas partes ou doceavas partes segundo o teña determinado cada empresa.

Artigo 7º.-Plus de transporte.

En compensación dos gastos de transporte xurdidos polo presente convenio terán dereito a 150 ptas. por cada día efectivo de traballo, quedando o presente complemento conxelado na dita contía a partir do asinamento do presente convenio.

Artigo 8º.-Plus de actividade.

Establécese un plus de actividade para tódolos traballadores do sector, que se fixa na contía de 150 ptas. por día efectivo de traballo.

Artigo 9º.-Plus de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

Estes pluses aboaranse na contía que en cada momento estableza a lexislación vixente nestas materias.

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, entendéndose como traballados os 20 minutos de bocadillo naquelas empresas que os viñesen desfrutando.

Artigo 11º.-Festivos.

O traballador cunha xornada laboral que se desenvolva en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa, poderá:

A. Desfrutar en compensación dun día de descanso semanal.

B. Percibi-lo aboamento correspondente segundo a normativa laboral vixente.

C. Acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarios.

Consideraranse festivos para tódolos efectos, os días seguintes:

-Para os traballadores cunha xornada que sexa de luns a sábado: 12 e 26 de setembro, 13 de outubro, 12 e 16 de novembro, 24, 26 e 31 de decembro.

Para aqueles traballadores que teñan unha xornada de luns a venres: 14 e 28 de setembro, 13 de outubro, 12 e 16 de novembro, 24 e 31 de decembro. Se á data de publicación do convenio no BOP algún dos días libres establecidos fosen anteriores á mencionada publicación, eses días substituiranse por outros fixados de común acordo entre empresa e traballadores.

As ditas datas poderán ser modificadas de común acordo entre empresa e traballadores.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se farán horas extraordinarias de carácter normal; non obstante, poderán facerse horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

Considéranse horas extraordinarias as motivadas por forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que se fagan para prevelos. E as horas estructurais, as que con carácter extraordinario e esporádico se fagan no seo da empresa para cubri-la realización dun traballo que non fose posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Enviarase á Delegación Provincial de Xustiza, Interior ou Relacións Laborais informe mensual destas horas e será feito conxuntamente polo comité de empresa e a dirección e, se é o caso, polos delegados de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente ó artigo 35 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, ou o Real decreto 1958, do 20 de agosto, considerarase como unha falta grave para os efectos do disposto no artigo 57 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Licencias.

Logo da solicitude dos traballadores afectados considerarase licencia retribuída no tempo que se indica nos seguintes casos:

Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

Por matrimonio de fillos: 1 día natural.

Por parto da muller: 2 días naturais, se é na provincia e 5 se é fóra dela.

Morte do cónxuxe ou familiares en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, é dicir, pais, fillos, avós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos e netos políticos: 3 días naturais, se é na provincia e 5 se é fóra dela.

Por morte de parentes de terceiro grao, é dicir: tíos, bisavós, bisnetos políticos, bisavós políticos e sobriños políticos: 1 día natural.

Nos demais casos haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

En caso de asistencia ó médico, o tempo necesario con xustificación e cun máximo de 3 horas. No caso de desprazamento ó especialista, haberá que ter en conta a distancia e en consecuencia o tempo indispensable (entenderase o especialista da Seguridade Social).

Artigo 14º.-Excedencias.

Todo traballador cunha antigüidade na empresa de, polo menos, un ano, terá dereito a que se lle recoñezan en situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, e non perderá en ningún caso, a antigüidade que mantiña no momento de solicitala e será obrigatorio para a empresa a concesión da dita excedencia.

Artigo 15º.-Cambio de posto de traballo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a cambiar de posto de traballo co fin de que en ningún caso estean obrigadas a desempeña-las súas funcións nos lugares radioactivos ou infecciosos que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Todo o persoal será dotado de ropa de traballo adecuada e regulamentaria, fundas para os homes e batas para as mulleres cada seis meses, zapatillas cada tres meses, luvas cada 20 días e zocos cada nove meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios usados no momento en que se produza a substitución.

Artigo 17º.-Incapacidade laboral transitoria.

O traballador que cause baixa por accidente laboral percibirá o 100% do salario do convenio desde o primeiro día de baixa.

Por IT derivada de enfermidade será en cada momento o que establezan as normas vixentes, agás no suposto de que a enfermidade se prolongase por encima dos 25 días, e neste caso, a empresa cubrirá o 100% do salario de convenio ata os 150 días.

No caso de IT por enfermidade, a empresa completará igualmente o 100% do salario do traballador no suposto de que esta requira hospitalización e, en todo caso, mentres esta dure. Igualmente, o traballador terá dereito ó 100% do seu salario no caso de convalecencia na casa por un período máximo de 38 días e sempre que estivese hospitalizado polo menos 1 día.

Artigo 18º.-Subrogación empresarial.

Co fin de conserva-los postos de traballo darase automaticamente a incorporación dos traballadores da empresa cesante no cadro de persoal da nova concesionaria do servicio, independentemente da súa personalidade xurídica: sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade civil, cooperativa ou empresario individual, etc. e sempre que os traballadores que se van subrogar leven traballando na empresa cesante catro ou máis meses e nos seguintes casos:

1. Cando os traballadores da empresa cesante presten servicios no dito centro, con independencia da duración da súa xornada laboral que se respectará na súa integridade e de cál sexa a modalidade do seu contrato de traballo.

Enténdese como obriga subrogatoria exclusivamente a dos traballadores adscritos ó centro de traballo, dos que se solicitará o contratista principal listado conc ategorías, antigüidade e postos de traballo.

2. Cando os traballadores, no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen en situación de incapacidade temporal, invalidez provisional, excedencia ou vacacións, servicio militar ou situación análoga pasando a estar adscritos ó novo titular.

3. Cando os traballadores afectados compartan a súa xornada laboral con outros centros de traballo.

4. Se por esixencias do cliente contratante tivese que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, este tamén será incorporado á nova empresa.

Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, terán preferencia para o incremento da xornada laboral as/os traballadoras/es que presten servicios no dito centro e non teñan xornada completa.

5. No caso de xubilación, baixa definitiva por calquera causa dun traballador/a, os traballadores/as da dita contrata sen xornada completa terán dereito a ver aumentada a súa xornada ata a completar ou nun máximo de 12 horas.

6. No caso de que o cliente rescindise o contrato de arrendamento de limpeza cunha empresa, para realizalo co seu propio persoal, e posteriormente contratase con outra o dito servicio, a nova empresa concesionaria incorporará ó seu cadro de persoal o persoal afectado da primeira empresa, sempre e

cando non transcorrese máis dun ano desde a nova contratación.

7. No suposto de que unha empresa de limpeza tivese que reducir persoal no centro por esixencias do cliente e posteriormente lle fose rescindido o contrato, a nova empresa concesionaria do servicio deberá incluír no seu cadro de persoal a todo o persoal empregado no dito centro, incluíndo aquel que no seu día quedou afectado pola reducción do cadro de persoal. Para estes efectos, entenderase que quedan desvinculados laboralmente da empresa cesante en canto ós centros nos que deixen de prestar servicios.

A empresa cesante deberá acreditar relación do cadro de persoal, con expresión da liquidación e saldo de salarios, antigüidade, gratificacións, vacacións, etc., relativos ó persoal afecto ó dito centro, antes das 48 horas de se iniciaren os servicios de limpeza pola nova empresa contratista, ou ben ata as 24 horas seguintes á data de inicio dos servicios pola nova empresa.

A nova empresa concesionaria incorporará ó seu cadro o persoal afectado polo cambio de titularidade con iguais dereitos e obrigas que tivesen na empresa cesante. Non obstante, non se responsabilizará das posibles diferencias salariais ou de infracotización á Seguridade Social das que fose responsable a empresa cesante.

8. Nos contratos que subscriban as empresas cos seus clientes, constará unha cláusula que lembre a vixencia do artigo 18 do convenio colectivo provincial de limpezas de edificios e locais de Ourense, así como a necesidade de dar cumprimento ó establecido na Lei de saúde laboral.

Artigo 19º.-Garantía dos cargos sindicais.

Con motivo de situacións concretas, como son a confección do cadro horario, calendario de vacacións e acordo para a negociación colectiva, o empresario daralles posibilidade ós traballadores e ós seus representantes sindicais de reunírense nos locais da empresa durante a xornada de traballo, sen que poida excederse dunha hora nos ditos casos e de común acordo para a designación de traballos urxentes que poidan xurdir.

Artigo 20º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de 30 días naturais ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas.

O persoal que desfrute as vacacións nos meses de outubro a abril, ambos inclusive, de trinta días ininterrompidos e por necesidades da empresa, percibirá unha bolsa extrasalarial de 9.000 ptas.

Farase un calendario de vacacións en cada empresa, de acordo entre empresa e traballadores e comité, de tal xeito que os traballadores desfruten as súas

vacacións rotativamente respectando a lexislación vixente.

No caso de que un traballador cause baixa antes do desfrute das vacacións, estas posporanse, fixarase un novo período e o traballador afectado pasará a desfrutalas cando lle corresponda segundo as quendas, e non terá dereito á bolsa de vacacións se o novo período fixado correspondese dentro dos meses que dan dereito á percepción da dita bolsa. En caso contrario, se a baixa se producise durante o desfrute destas, estas seguirán correndo ata se cumpri-lo período correspondente.

Artigo 21º.-Control médico.

Os traballadores que fagan o seu traballo en lugares radioactivos ou infecciosos terán dereito a realizar un control médico cada seis meses, de acordo coas normas sanitarias vixentes. O resto dos traballadores terá dereito ó dito control, como mínimo, unha vez ó ano.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado no presente convenio e, en xeral, para cantas cuestións se deriven da aplicación do presente convenio, establécese unha comisión paritaria que estará integrada polos mesmos asinantes do presente convenio. A dita comisión paritaria reunirase no prazo de tres meses desde o asinamento do presente convenio, co fin de analiza-lo intrusismo existente no sector, que está a producir unha grave competencia desleal, con graves prexuízos, tanto para os traballadores coma para as empresas, instando ás autoridades pertinentes as accións legais que correspondan, así como para analizar e concretar aquelas cuestións que redunden en beneficio para o sector.

Artigo 23º.-Xubilación.

Todo traballador afectado polo presente convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos, ó abeiro do disposto no Real decreto lei 14/1981, do 28 de agosto; neste suposto a empresa estará obrigada a contratar outro traballador perceptor de desemprego ou xove demandante de primero emprego a través dun contrato de idéntica natureza.

Artigo 24º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio establecerán para tódolos traballadores unha póliza de seguros de morte e invalidez por accidente de traballo que lles garanta ós seus traballadores: 2.000.000 de pesetas en caso de morte e 2.700.000 pesetas en caso de invalidez permanente total, absoluta e gran invalidez.

Artigo 25º.-Incremento salarial.

Os salarios do presente convenio foron incrementados con respecto ós de 1997 nun 2,4%.

Artigo 26º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores, agás para os non cualificados. Neste caso, a duración máxima será de 15 días laborables.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

Establécese un importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 42 da ordenanza, de 4.096 pesetas, cando se teña que comer ou pasa-la noite fóra da casa. De 3.072 pesetas cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.536 pesetas cando se realice unha soa comida. En todo caso, as ditas contías son mínimas e tamén poderá establecerse o sistema de gastos que se deben xustificar.

Artigo 28º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimidade ou contra a liberdade dos traballadores/as, conductas de acoso sexual, verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión do feito (*). Nos supostos nos que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa ou persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, sección sindical ou representantes dos traballadores/as, a dirección de persoal da empresa velará polo dereito á intimidade cando así fose requirido.

(*) Dada a falta de normativa existente, poderá seguirse a descrición de sancións incluídas na Lei de infraccións e sancións pola orde social do 7 de abril de 1988.

Artigo 29º.-Empresas de traballo temporal.

Ós traballadores que sexan contratados a través dunha ETT para prestaren os seus servicios nas empresas usuarias de limpeza seralles de aplicación o presente convenio colectivo. Ó mesmo tempo, de tódolos contratos que faga a empresa usuaria nesta modalidade (a través da ETT) darase copia deste ó representante sindical, se o houber.

Disposicións xerais

Primeira.-Ámbalas partes acordan mante-la ordenanza laboral de traballo do 15 de febreiro de 1975 como dereito supletorio e de regulación para o non previsto no presente convenio mentres non se asine un acordo de carácter xeral que o substitúa, momento a partir do cal se tomará o dito acordo como dereito supletorio.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar deste, así como a copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social, no taboleiro de anuncios da empresa para coñecemento de tódolos traballadores, co fin de que constaten a súa situación laboral mensual.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios de Limpiezas de Edificios y Locales de Ourense e as centrais sindicais CC.OO, UGT e a CIG, ámbalas partes con capacidade legal suficiente e lexitimidade, de conformidade co disposto no real decreto lexislativo que aprobou o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Ante a conveniencia de regula-lo sector e combate-la clandestinidade, as partes asinantes do presente convenio acordan que se reúna a comisión paritaria do convenio na primeira semana de xaneiro, abril, setembro e decembro de cada ano para trata-los temas relacionados co dito sector e toma-las medidas que, se é o caso, correspondan.

Quinta.-Co fin de evita-los problemas que poidan xurdir no momento de se producir unha subrogación, e no caso de xurdir algunha desavinza derivada da subrogación, as partes asinantes do presente convenio acordan, no caso de xurdir, que ámbalas empresas afectadas se reunirán conxuntamente cun representante das organizacións sindicais asinantes do presente convenio e un representante da Confederación Empresarial de Ourense, co obxecto de tratar de aclara-la situación e soluciona-lo conflicto xurdido pola subrogación; levantarase acta da dita reunión, na que constará o acordo, o desacordo ou, se é o caso, a inasistencia dunha das partes.

Sexta.-Cláusula de sumisión ó AGA.

Ante a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais, a elaboración dun acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais CC.OO., UGT e a CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formuladas.

Sétima.-Durante a vixencia do presente convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada acolleranse ó disposto na letra b), parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado e fomento da contratación indefinida, en virtude do cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Oitava.-Ámbalas partes se comprometen a constituír, en data inmediata e de entre os seus inte

grantes, unha comisión para o seguimento e aplicación no sector do R.D.L. 1997, do 17 de maio, norma reguladora para o fomento da contratación indefinida. A dita comisión reunirase con carácter ordinario cada 4 meses e con carácter extraordinario cada vez que unha das partes o solicite.

Disposicións derradeiras

No suposto de modificación dos textos da ordenanza laboral do 15-2-1975, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e a Lei 11/1985, do 2 de agosto, os aspectos non reflectidos neste convenio e contidos nas ditas leis pasarán a formar parte deste.

ANEXO I

Táboa salarial

-Persoal directivo e técnico

* Subgrupo I. Persoal directivo

Director191.512 ptas.
Director comercial173.128 ptas.
Director administrativo173.128 ptas.
Xefe de persoal173.128 ptas.
Xefe de compras173.128 ptas.
Xefe de sección173.128 ptas.

* Subgrupo II. Persoal titulado
Titulado de grao superior141.784 ptas.
Titulado de grao medio123.857 ptas.
Titulado Lab. ou Profes.106.294 ptas.

-Administrativos ou administrativas
Xefe de primeira118.406 ptas.
Xefe de segunda93.618 ptas.
Caixeiro93.618 ptas.
Oficial de primeira92.470 ptas.
Oficial de segunda91.436 ptas.
Auxiliar89.998 ptas.
Cobrador89.602 ptas.

-Mandos intermedios
Encargado xeral107.052 ptas.
Supervisor encargado de zona92.978 ptas.
Supervisor encargado de sector89.476 ptas.

-Persoal subalterno
Ordenaza86.351 ptas.
Almacenista86.351 ptas.
Listeiro86.351 ptas.
Vixilante86.351 ptas.
Mozo dos recados62.022 ptas.

-Persoal obreiro
Especialista2.916 ptas./día
Peón especializado2.916 ptas./día
Limpadora2.857 ptas./día
Peón2.857 ptas./día
Axudante2.857 ptas./día
Oficial de primeira de Of. varios2.927 ptas./día
Encargado de grupo ou edificio2.933 ptas./día
Responsable de equipo2.879 ptas./día
Conductor limpador2.879 ptas./día
Traballadores menores de 18 anosS.M.I.

5767