Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO.

O Concello, en sesión plenaria do 27-6-1998, acordou respecto das oficinas de titularidade municipal sitas na rúa Colón en bens mobles desta:

a) A súa desafectación respecto de fins de uso público.

b) A súa cesión en precario á Fundación Baixo Miño para a creación dun viveiro de empresas.

O citado expediente, de conformidade co disposto no artigo 269 da Lei 5/1997, da Admón. local de Galicia, o artigo 81 da LBRL e o 8 do RB, sométese a exposición pública polo prazo dun mes, para os efectos de presentación de reclamacións. O prazo comezará a contar desde o día seguinte á última publicación deste edicto no BOP e no DOG. Transcorrido o devandito prazo e non presentadas reclamacións ó citado acordo, este será definitivo e trasladarase o expediente á Xunta de Galicia.

Tomiño, 1 de xullo de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

6574