Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO.

Licitación expediente da obra: acceso a núcleos de poboación en parroquias de Vilaboa.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: acceso á núcleos de poboación en parroquias de Vilaboa.

b) Lugar de execución: no Concello de Vilaboa.

c) Plazo de execución:

-No prazo de 3 meses, contados a partir do día seguinte ó asinamento da acta de comprobación de replanteo, e este asinarase nun prazo non superior a un mes desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 11.159.451 ptas.

5.5. Garantías:

Provisional: 223.189 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): non se esixe.

b) Outros requisitos: artigo 7.1º do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio (publicarase no BOP e mais no DOG).

b) Documentación que hai que presentar:

b.1. Copia compulsada do DNI do licitador (persoas físicas ou empresarios individuais), ou escritura de constitución e, de se-lo caso, modificación da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas).

b.2. Copia compulsada da escritura do poder se se actúa en representación.

b.3. Declaración xurada do licitador na que se afirme, baixo a súa responsabilidade, non atoparse incurso en ningunha prohibición de contratar de conformidade cos artigos 15 e 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nin en ningunha causa de incompatibilidade segundo a normativa vixente, en concreto Lei 25/1983, do 26 de decembro (segundo relación dada pola Lei 12/1995, do 11 de maio).

b.4. Certificado (ou copia compulsada do recibo) que acredite o pagamento do último ano do IAE (cota nacional, provincial ou do municipio de Vilaboa).

b.5. Certificado da Tesourería Xeral da SS.SS. de atoparse ó día no cumprimento das súas obrigas coa SS.SS. expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do Real decreto 390/96, do 1 de maio.

b.6. Certificación do Ministerio de Facenda de atoparse ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias expedido polo órgano competente e dentro da validez de certificación prevista no artigo 10.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de maio.

b.7. Certificación expedida pola Intervención Municipal de que non existen débedas de natureza tributaria co concello, nas condicións previstas no parágrafo B do artigo 7.1º do real decreto citado.

b. 8. Resguardo de constitución de garantía provisional constituída de acordo co prevido no artigo 18 do texto normativo antes citado e de acordo cos modelos previstos nos anexos 2, 3, 4 e 5.

b.9. Xustificación da solvencia económica e financeira por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

b.10. Xustificación da solvencia técnica por algún dos medios previstos no artigo 17 da lei antes citada.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas:

Data: terá lugar no terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida este en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil), ás 12 horas, no salón de plenos do concello.

10. Outras informacións:

a) Criterios de adxudicación do concurso:

1. Mellora da calidade dos materiais que se van empregar na execución das obras respecto dos proxectados: 0,27 puntos.

2. Mellora dos tipos de firmes e pavimentos proxectados para as reposicións: 0,25 puntos.

3. Proposta de incremento das superficies que se van repoñer afectadas polas gabias, tratando se é posible de uniformar co mesmo pavimento toda a sección de camiños polos que transcorran os trazados de tubería que se vai instalar: 0,24 puntos.

4. Experiencia na execución de obras similares por parte da empresa licitadora con detalle de maquinaria propia e medios auxiliares dispoñibles para a execución das obras: 0,24 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: polos oito días seguintes ó da última publicación (publicarase no BOP e máis no DOG) deste anuncio.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 25 de xuño de 1998.

Fernanda Blanco Fernández

Concelleira delegada

6573