Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de Ribeira de Piquín.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: execución das obras do vertedoiro e accesos en Ribeira de Piquín.

b) Prazo de execución: cinco meses.

c) Orzamento base de licitación: 11.560.000 ptas.

d) Garantías: provisional, 231.200 ptas.; definitiva: 462.400 ptas.

3. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: execución das obras de acceso a mestre.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 3.302.054 ptas.

d) Garantías: provisional, 66.041 ptas; definitiva, 132.082 ptas.

4. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: execución das obras de mellora dos accesos ós núcleos de poboación nas parroquias de San Xurxo, Santalla, S. do Acevo e Navallos.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 4.936.000 ptas.

d) Garantías: provisional, 98.720 ptas.; definitiva, 197.440 ptas.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Obtención da documentación e información.

Concello de Ribeira de Piquín, O Chao de Pousadoiro, s/n. CP 27242. Teléfono 982 33 36 01, ata o día anterior ó do remate da presentación de proposicións. Horario de 10 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e DOG.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Ribeira de Piquín, O Chao de Pousadoiro, s/n.

9. Apertura de plicas.

Pola mesa de contratación, no salón de sesións da Casa do Concello, ás dez horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, que non sexa sábado.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

11. Criterios de adxudicación, por orde descendente de importancia.

a) Unidades de obra adicional.

b) Menor prazo de execución.

c) Obras realizadas para este concello, con informe favorable da dirección técnica.

d) Clasificación.

e) Prezo.

Ribeira de Piquín, 3 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6569