Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 5 de xuño de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS

de planeamento vixentes en Arteixo, relativa ós usos permitidos en solo non urganizable común no lugar coñecido como Chan Do Cadaval das Cordas, na parroquia de Loureda, promovido por Melchor Pouso Martínez e redactado polo arquitecto Luis Hermida González.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se estimen convenientes. (Expte. 16/97.PMP).

Arteixo, 29 de xuño de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

6001