Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Anuncio da aprobación definitiva do estudio de detalle e proxecto de urbanización no contorno da praia da Caosa.

O Concello en Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 8 de xuño de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle de iniciativa particular na rúa Manuel Antonio, s/n, San Cibrao, e tamén aprobou co mesmo carácter de definitivo o proxecto de urbanización de espacios non edificados no contorno do edificio da Caosa.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio. No caso de interpoñer este recurso deberán cumprir co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, comunicándollo ó órgano que dictou o acto impugnado.

Todo isto sen prexuízo de que as persoas interesadas exerzan os recursos ou as accións que entendan convenientes para a defensa dos seus lexítimos intereses.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 12 de xuño de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

5723