Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámitación de urxencia, para a contratación de varias obras.

1. Obra: proxecto de execución e obra de construcción de 24 vivendas en CEE. A Coruña.

Expediente: C-98/030.

Orzamento: cento sesenta e catro millóns oitocentas cinco mil trescentas vintecatro (164.805.324 ) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo A; subgrupo 1; categoría d. Grupo C; subgrupos 2, 4 e 9; categoría d.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: seis millóns cincocentas noventa e dúas mil duascentas trece (6.592.213) pesetas.

2. Obra: reparación de fachadas no grupo de 155 vivendas na Avda. de Vigo do Polígono de Esteiro II Fase, Ferrol. A Coruña.

Expediente: C-98/REP03.

Orzamento: dezanove millóns vinteoito mil catrocentas oitenta e tres (19.028.483) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: trescentas oitenta mil cincocentas setenta (380.570) pesetas.

Garantía definitiva: setecentas sesenta e unha mil cento trinta e nove (761.139) pesetas.

3. Obra: proxecto de execución e obra de construcción de 18 vivendas, garaxes e rochos en Outeiro, Cambados. Pontevedra.

Expediente: PO-98/010.

Orzamento: cento sesenta e un millóns cincocentas quince mil catrocentas sesenta e cinco (161.515.465) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 2, 4 e 7; categoría d.

Garantía provisional: dispensada de confomidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: seis millóns catrocentas sesenta mil seiscentas dezanove (6.460.619) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que

rexerán en cada contrato, estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Area Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (981 541902) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio aboarase proporcionalmente polo adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

6223