Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto en trámite de urxencia, da concesión da xestión do servicio de cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicataria: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 17, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: concesión.

b) Descrición do obxecto: xestión do servicio de cafetería do CGAC.

3. Canon mínimo de concesión:

Importe: cento vinte mil pesetas anuais (120.000).

4. Prazo de vixencia: un ano prorrogable.

5. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: cincocentas mil pesetas (500.000).

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo terceiro día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición: o que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ás 12 horas do quinto día seguinte á data de remate do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

6566