Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento restrinxido, da subministración consistente na adquisición de marcas de identificación para gando vacún.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

c) Número de expediente: 98/09/1179 (SU-843).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de marcas de identificación para gando vacún, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que se van entregar: descríbense as unidades no prego de cláusulas administrativas particulares e as características do material no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nos lugares sinalados pola Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e farase libre de todo gasto, sendo por conta dos provedores os que se ocasionen por calquera motivo.

e) Prazo de entrega: o 100% da totalidade da subministración obxecto de licitación deberá ser fabricado e distribuído antes do 15 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinteseis millóns duascentas cincuenta mil pesetas (26.250.000 pesetas).

5. Garantías.

a) Provisional: cincocentas vintecinco mil pesetas (525.000 pesetas).

b) Definitiva: un millón cincuenta mil pesetas (1.050.000 pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das solicitudes de participación, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 28 de xullo de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

6545