Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.856

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/1993 e 13/1994).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de menor contía número 198/1993 e 13/1994, acumulados entre as partes que se dirán, dictouse sentencia da cal o encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o 21 de novembro de 1996. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía número 198/1993, promovidos por instancia da comunidade de propietarios da casa nº 17 (hoxe 25) da r/ Rosalía de Castro e na súa representación o procurador dos tribunais Cuns Núñez, contra Salvador Castro Fernández, Ana Mª Iglesias Otero, entidade A Nosa Adega, S.L., todos eles en situación procesual de rebeldía, e José Cabo Liñares, representado pola procuradora Esperanza Álvarez e o de menor contía número 13/1994 acumulado seguido por instancia de Manuel García Lameiro no seu nome e en representación da comunidade de propietarios da casa nº 17 (hoxe 25) da r/ Rosalía de Castro, representado polo procurador Cuns Núñez, contra José Cabo Liñares representado pola procuradora Esperanza Álvarez, e entidade A Nosa Adega, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo desestimar e desestimo as demandas acumuladas número 198/1993 seguidas por instancia da comunidade de propietarios do edificio nº 25 da r/ Rosalía de Castro representada polo procurador Cuns Núñez contra Salvador Castro Fernández, Ana Mª Iglesias Otero, entidade A Nosa Adega, S.L. e José Cabo Liñares, este último representado pola procuradora Esperanza Álvarez, e así mesmo desestima-la demanda número 13/1994 seguida por instancia de Manuel García Lameiro no seu nome e en representación da comunidade de propietarios do edificio nº 25 da r/ Rosalía de Castro contra José Cabo Liñares representado pola procuradora Esperanza Álvarez e a entidade A Nosa Adega, S.L., con imposición de custas ó actor.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación ante este xulgado. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ós demandados rebeldes, actualmente en ignorado paradoiro, Salvador Castro Fernández, Ana Mª Iglesias Otero e representante legal da entidade A Nosa Adega, S.L., expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o 18 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

5609