Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.856

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (26/1997).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos que se mencionan se dictou a sentencia da que o encabezamento e parte dispositiva din:

«En Santiago de Compostela, o vintesete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

No nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 26/1997 dimanante do procedemento seguido por desobediencia, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, policías nacionais con número de carnés profesionais 42.538, 37.781 e 56.478 denunciantes, e Alberto Agrasar Cruces, denunciado, con domicilio no Restaurante Hostal As Gorzas, lugar de Bonza s/n, Malpica de Bergantiños.

Decido que debo condenar e condeno a Alberto Agrasar Cruces como autor da falta contra a orde pública do artigo 634 do Código Penal, con pena de 20 días de multa e cota diaria de 1.000 ptas./día, con responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do Código Penal.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Alberto Agrasar Cruces, expido e asino o presente testemuño, en Santiago de Compostela, o nove de xuño de mil novecentos noventa e oito».

O secretario xudicial

Rubricado

5988