Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.856

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

ANUNCIO do nomeamento da secretaría en réxime de provisión temporal para a localidade de Ponteareas.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 28 de abril de 1998. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario de Provisión Temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Audiencia r/ Capital Juan Varela, s/n, A Coruña. Confírmase o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 24-6-1998, polo cal se nomea secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ponteareas (Pontevedra) en réxime de provisión temporal. Esta Xerencia Territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ponteareas, Carolina Elvira Vázquez Fernández.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial.».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo do dito nomeamento efectuado pola Sala de Goberno con data do 24-6-1998, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, pregándolle envíe a esta presidencia un exemplar del no que se faga aquela para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 2 de xullo de 1998.

Gonzalo de la Huerga Fidalgo

Presidente Acctal.

5726