Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.808

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xullo de 1998 pola que se anuncia un cambio na composición da comisión de avaliación da Orde do 28 de xaneiro de 1998 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

O artigo 8 da Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (DOG do 3 de marzo), establece a composición da comisión de avaliación que será competente para a valoración do informe-proposta de concesión, denegación ou exclusión, se fose o caso, das subvencións.

Ó ter comunicado o titular da Xefatura da Sección de Xestión e Coordinación Lingüística, membro da mencionada comisión, a súa abstención de acordo co previsto no artigo 28.2º.a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

1. Procede a abstención do titular da xefatura da Sección de Xestión e Coordinación Lingüística do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística da Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. O titular da Xefatura do Servicio de Plans e Programas do Ensino da Lingua Galega da Dirección Xeral de Política Lingüística queda nomeado membro da comisión de avaliación prevista no artigo 8 da Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (DOG do 3 de marzo), e que será competente para a valoración do informe-proposta de concesión, denegación ou exclusión, se fose o caso, das subvencións.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6546