Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso: pistas polideportivas en Feces de Cima, Vilela, Tintores e Abedes.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 102/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obras de pistas polideportivas en Feces de Cima, Vilela, Tintores e Abedes.

b) Lugar de execución: Feces de Cima, Vilela, Tintores e Abedes.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total 28.900.000 pesetas.

5. Garantías:

a) Provisional: 578.000 pesetas.

b) Definitiva: 1.156.000 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 03 34.

f) Fax: 988 41 19 00

g) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría D.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos que no punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador se obrigará a mante-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.

f) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que a rexe.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: Decreto 17-6-1998.

c) Consulta de documentación: Imprenta Monterrey, Avenida de Portugal, fronte á praza do Concello, teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 17 de xuño de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

6522