Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 2 de xuño do ano en curso, adoptou entre outros o seguinte acordo: aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación do Concello de Rianxo, que se somete a información pública polo prazo de tres meses, que empezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se produzca a última publicación deste anuncio (xornal La Voz de Galicia, BOP, ou DOG). Durante o dito prazo calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante do plan xeral nas dependencias municipais, sitas na praza de Castelao-Cuartel Vello e presenta-los escritos de alegacións que estimen convenientes.

O Pleno da Corporación na mesma sesión acordou igualmente suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias polo prazo máximo dun ano naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Rianxo, 29 de xuño de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida.

Alcalde

6522