Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do reformado do proxecto de urbanización do polígono B-4 de Fonte Santa.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 15 de xuño de 1998 aprobou, con carácter inicial, o documento técnico de obras denominado reformado do proxecto de urbanización no ámbito do estudio de detalle do Plan parcial B-4/Fonte Santa, formulado polas entidades Deca Promociones, S.L. e Áridos gallegos, S.A, e redactado polos arquitectos Cordeiro Rodríguez, Davila Alonso, Jiménez López e Mejide Rico, visado pola delegación en Pontevedra do COAG o 22-5-1998, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 29 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde de Pontevedra

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

6505