Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación por vía urxente do servicio de mantemento e conservación das zonas verdes do contorno do río Pontiñas e outros, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:

1. Obxecto: o servicio arriba indicado.

2. Orzamento: 5.000.000 de pesetas.

3. Duración do contrato: do 1 de agosto ata o 31 de decembro.

4. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Garantías: non se esixe fianza provisional e a definitiva será do 4% do orzamento de adxudicación.

7. Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG, en horas de nove a catorce, e na forma establecida no prego de condicións.

9. Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 2 de xullo de 1998.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental

6525