Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso público, da subministración de conservas vexetais, conservas de peixe, auga mineral, zumes de froitas, embutidos e productos alimenticios diversos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público, da subministración de conservas vexetais, conservas de peixe, auga mineral, zumes de froitas, embutidos e productos alimenticios diversos.

Obxecto e orzamento.

A subministración de conservas vexetais, conservas de peixe, auga mineral, zumes de froitas, embutidos e productos alimenticios diversos, por un orzamento máximo de cinco millóns catrocentas cincuenta mil novecentas cinco pesetas (5.450.905 ptas.), IVE incluído.

Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado en función da subministración, que establecerá este centro.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser

solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. 27004 Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento nove mil dezaoito pesetas (109.018 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Prezo, ata 5 puntos.

-Calidade do producto, ata 4 puntos.

-Tipo e calidade do envasado, ata 3 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes.

Admítense variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 12 de maio de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

6523