1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Verín.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: 103/98.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: obras de mellora da capa de rodaxe en distintas rúas de Verín.
b) Lugar de execución: Verín (rúas que indica o proxecto).
c) Prazo de execución: 2 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: importe total 36.317.152 pesetas.
5. Garantías:
a) Provisional: 726.343 pesetas.
b) Definitiva: 1.452.686 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello de Verín.
b) Domicilio: praza do Concello.
c) Localidade e código postal: Verín, 32600.
d) Teléfono: 988 41 03 34.
f) Fax: 988 41 19 00
g) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e).
8. Presentación das proposicións:
a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o siguiente ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.
c) Lugar de presentación: mesmos datos que no punto 6.
d) Prazo durante o cal o licitador se obrigará a mantene-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.
f) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que a rexe.
9. Apertura das ofertas:
a) Data: o primeiro día natural seguiente ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.
b) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións:
a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.
b) Aprobación do expediente de contratación: Decreto 19-6-1998.
c) Consulta de documentación: Imprenta Monterrey, avenida de Portugal, fronte á praza do Concello, teléfono: 988 41 02 66.
11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 19 de xuño de 1998.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde
6514