Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: distribución interior parque O Pereiro.
Situación: O Pereiro de Aguiar.
Descricións técnicas: 2 L.M.T. subterráneas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV: 1ª: de 660 metros de loxnitude, con orixe na L.M.T.S. existente a parque O Pereiro e remate no límite de 1ª fase da distribución interior parque O Pereiro. 2ª: de 415 metros de lonxitude, con orixe no apoio da L.M.T. existente Ponte dos Gozos-A Medorra e remate no centro de entrega acometida fábrica téxtil. C.T. prefabricado de distribución interior en parque O Pereiro 1ª fase con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea con orixe no C.T. proxectado de 1.950 metros en conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 20 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
5353