Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/118-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Avda. Estación (supermercados Claudio).

Situación: Maside.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 560 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. subestación O Carballiño-C.T. oficina comercial Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. no Carballiño e remate no centro de entrega de enerxía de Avda. Estación (supermercados Claudio).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5343