Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 113/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade

pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha loxitude de 1,383 km con orixe no apoio nº 53, L.M.T. Vilasuso-Calzados (expediente 27958) e final no C.T. proxectado Barbela, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie; unha rede de baixa tensión de 0,220 km de lonxitude con conductro tipo R.Z. e apoios de formigón, con orixe no C.T. proxectado Barbela e unha rede de baixa tensión de 0,711 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón, con orixe no C.T. Pena da Rama (expediente 50074) (expediente 113/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Barbela (termo municipal da Capela).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, Edificio Administrativo (Monelos, praza de Luis Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 15 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 113/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Bertoña-Barbela.Termo municipal: A Capela.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10O LomboPradoJose Salgado BouzaSumeiro s/n, 15612 Cabanasœ 6, 7 e œ 843133130

16As VeigasPradoAntonio García BarreiroCentieiras 20, 15500 Perlío-Feneœ 10120288

19As VeigasPradoAntonio García BarreiroCentieiras 20, 15500 Perlío-Fene34544

5352