Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 68/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación,

para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 76 km con orixe no apoio s/n da L.M.T. Boiro-Rianxo, e final no centro de transformación proxectado O Pazo, cunha potencia de 100 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 470 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 68/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona do Pazo (termo municipal de Rianxo).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos

para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, Edificio Administrativo (Monelos, praza de Luis Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 13 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 68/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. O Pazo.Termo municipal: Rianxo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O PombalLabradíoManuel Rial CarouPazo 175, 15920 RianxoExist20

2O PombalMonte altoHros. Luisa Carou Martínez

(Dirección Juana Abuín Carou)

Pazo 53, 15920 Rianxo664

3O PombalMonte altoJosé Sieira AbuínPazo s/n, 15920 Rianxo896

4O PombalMonte altoDolores Ces RomeroPazo 185, 15920 Rianxo995

5O PombalMonte altoManuel Rial CarouPazo 175, 15920 Rianxo48

6A TorreMonte altoConcepción Ces CastañoPazo 167, 15920 Rianxo17240

7A TorreMonte altoCarmen Teijeiro RamosCarballeira 37, 15920 Rianxo20

8A TorrePradoManuel Rial CarouPazo 175, 15920 Rianxo550

9A TorrePradoManuel Gey QuintansAsadelos 40, 15920 Asados, Rianxo12120

10A TorrePradoJosé María Carou IglesiasFincheira 98, 15920 RianxoC.T.619175

4957