Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 143/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións

eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica de media tensión aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,371 km con

orixe na L.M.T. ó C.T. Vilar (expediente 50697) e final no C.T. proxectado Muíño do Vento, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,393 km de lonxitude con orixe no C.T. proxectado Muíño do Vento, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 143/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Muíño do Vento (termo municipal de Sada).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª

enerxía, 2ª andar, Edificio Administrativo (Monelos, praza de Luis Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 13 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 143/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Muíño do Vento.Termo municipal: Sada.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1VilarMonte altoJosé Díaz GonzálezEdreira 95, 15173 Sta. Maria de Oleiros1223368

2VilarMonte altoJosé Díaz VarelaEderira 95, 15173 Sta. María de Oleiros21336

3VilarMonte altoHrds. María Muñiz Viqueira

Mª Elena Seijo Varela

Rúa da Picota 3-1º, 15173 Sta. María de Oleiros20320

4Agra de VilarPradoNélida Muñiz SeijoCimás 11, 15168 Meirás, Sada58676

5A CubaPradoHrds. Antonio Deus Gómez

Manuel Deus Cela

r/ S. Vicente de Paul 2-2º, 15002 A Coruñaœ 2135414

6VilarPradoHoracio Seijo MuñizVilar 3, 15168 Meiras-Sadaœ 2168258

7Agra de CimásMonte baixoDescoñecidoNueva York34345

8Agras de CimásPradoAmparo Cotos RegueiroCimás 32, 15168 Meiras-Sada10100

9Agra de CimásPradoDescoñecidoNueva York12120

10Agra de CimásPradoFrancisco Mato SuárezEdreira 41, 15173 Sta. María de Oleiros653

12Agra de CimásLabradíoBaltasar Illanes FernándezSouto da Igrexa 5-6, 15168 Meiras-Sadaœ3 e œ C.T.442336

13Agra de CimásLabradíoJosé Luis Vizoso Arandesr/ Costa Rica Portal A 20-A, 5, 15004 A Coruñaœ3 e œ C.T.442336

4955