Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, as liñas eléctricas a 20 kV a Couzada e Baldrei/Somoza, cos seus respectivos centros de transformación e redes de baixa tensión, no concello de Maceda. (Expediente IN407A 97/128-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Saénz Díez nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outrubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outrubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios nº: 18, 19 e 28 da relación de afectados nas que se solicitaba a modificación do trazado. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifica ó afectado en escrito a parte, e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase nela que non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1996 e 2619/1966,

RESOLVO:

1º Autorizar á Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

* Liña eléctrica aérea a 20 kV (L.M.T.), de 998 m en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 13 da L.M.T. a centro de transformación (C.T.) da Costa, con remate no C.T. proxectado en Couzada, de 50 kVA e r/t 20/0,380-0,220kV; rede de baixa tensión (R.B.T.) con apoios HV/5 e conductor R.Z.

* L.M.T. de 785 m en conductor LA 56, con orixe na derivación ó C.T. de Celeirón e final no C.T.

proxectado en Baldrei/Somoza de 100 kVA de potencia en r/t 20/0,380-0,220 kV; R.B.T. con apoios HV/5 e conductor R.Z.

2º Declara-la utilidade pública, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso de instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3º Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado lle sexa notificado individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 25-11-1997, que se publicou no DOG do 5-1-1998, no BOP de Ourense do 2-1-1998 e no xornal diario La Región do 7-1-1998.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 12 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4956