Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de xuño de 1998 pola que se declara de interese galego a Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud, e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Con data do 27 de abril de 1998 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 1 de abril de 1998, pola que se clasifica de interese sanitario a Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud, e foi adscrita á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten como obxecto o fomento da cooperación entre as distintas asociacións, corporacións, institucións, colexios, empresas e calquera outra entidade pública ou privada dos países do mesmo contorno cultural co fin de contribuír á mellora da saúde mundial, baixo o principio da solidariedade.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e o artigo 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud ó cumpri-los seus estatutos as prescricións

que, para tal efecto, sinala a lexislación vixente en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordena-la inscrición da Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud, no Rexistro de Fundacións de interese galego, sección da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rendirlle contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presentarlle o proxecto de orzamento ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula e debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

5669