Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da Xunta de Compensación da U.E. IV-13 Ramón Nieto, 7 (expediente 4064/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 13 de marzo de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da Xunta de Compensación da U.E. IV-13 Ramón Nieto, 7, presentada por José Costas Simón, como presidente

e en representación do padroado da Fundación Escuelas Nieto; a súa redacción é a seguinte:

ESTATUTOS

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación.

Para a execución da unidade de execución IV-13 Ramón Nieto 7, constitúese a denominada Xunta de Compensación Urbanizadora da Unidade de Execución IV-13 Ramón Nieto 7, como entidade urbanística colaboradora de carácter administrativo, personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, integrada polos propietarios das parcelas incluídas nela, toda vez que non existe solo exterior ocupado para a execución de sistemas xerais.

2. A xunta tamén está integrada polas entidades públicas titulares de bens demaniais ou patrimonio e, se é o caso, polas empresas urbanizadoras que se incorporen de acordo co establecido nos presentes estatutos e nas bases de actuación.

3. A Xunta de Compensación rexerase polo disposto nos presentes estatutos e polo disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; o Real decreto 1346/1976, do 9 de abril, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana; o Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, Regulamento de xestión urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do réximen do solo; Real decreto 2187/1978, do 23 de xuño, Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei de réxime do solo e ordenación urbana e, supletoriamente, polo texto refundido da Lei de sociedades anónimas, Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 de decembro.

Artigo 2º.-Domicilio.

Mentres a asemblea xeral non sinale outro, establécese provisionalmente o domicilio da entidade en Vigo, r/ Policarpo Sanz, Nº. 6, 2º D.

Artigo 3º.-Obxecto.

O obxecto da Xunta de Compensación é a promoción e execución da completa urbanización da unidade de actuación polo sistema de compensación, mediante o reparto equitativo entre os membros da xunta dos beneficios, custos e cargas da urbanización e a actuación compensatoria sobre os terreos comprendidos no seu perímetro.

Artigo 4º.-Fins.

1. Os fins da Xunta de Compensación para a consecución do proxecto proposto son:

a) Agrupa-los propietarios dos predios comprendidas na unidade de actuación e os do solo exterior ocupado para a execución de sistemas xerais que deban participar nel, para actuar en réxime de compensación, baixo o principio de reparto equitativo de beneficios e cargas da actuación entre os seus membros integrantes.

b) Celebrar toda clase de contratos que sexan necesarios para acada-lo obxecto proposto incluídos os de redacción do proxecto de urbanización e execución da obra urbanizadora e, se é o caso, de edi

ficación, e formula-lo correspondente proxecto de compensación.

c) Transmitir ó Concello de Vigo, en pleno dominio e libre de cargas, tódolos terreos urbanizados, obras e instalacións de cesión obrigatoria e gratuíta.

d) Solicitar do Concello de Vigo, a título de beneficiaria, o exercicio da potestade expropiatoria en relación ás parcelas os propietarios das cales non se incorporen, en tempo oportuno á Xunta de Compensación ou incumpran as súas obrigas, nos supostos que se recollen nas bases de compensación.

e) Solicitar do Concello de Vigo o exercicio da vía de constrinximento, para o cobramento das cantidades adebedadas polos membros da xunta.

f) Incorporar á xunta, o que non supón a transmisión da propiedade senón a facultade de disposición e administración para obte-lo obxecto proposto, con carácter fiduciario, quedando afectados os terreos ó cumprimento das obrigas urbanísticas, circunstancias que se farán constar por nota marxinal no Rexistro da Propiedade por instancia da Xunta de Compensación.

g) Formalizar operacións de crédito ou emitir títulos para a urbanización coa garantía dos terreos afectados.

h) Asumi-la xestión e defensa dos intereses comúns dos membros integrantes da Xunta de Compensación, comparecendo como tal ante rexistros da propiedade, persoas xurídico-privadas, notarías, e ante calquera autoridade e órganos da Administración do Estado, autonómica, provincial ou local, así como ante os xuíces e tribunais en tódolos seus graos, instancias e xurisdiccións.

i) Exerce-lo dereito a esixir das empresas que presten os servicios, menos na parte que, segundo a súa regulamentación, deban contribui-los usuarios, o reembolso dos gastos de instalación das redes de auga e enerxía eléctrica.

j) Adxudica-las parcelas que resulten do proxecto de compensación entre os compoñentes da Xunta de Compensación.

k) Proceder, se é o caso, á edificación de todo ou parte dos terreos da unidade de actuación, logo do acordo da asemblea xeral.

l) Solicitar da Administración actuante a inscrición da Xunta de Compensación no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras da Consellería de Ordenación do Territorio e Urbanismo, así como no Rexistro Mercantil se se emitisen obrigas ou se se considerase conveniente.

m) Solicita-lo outorgamento dos beneficios fiscais urbanísticos previstos nas disposicións legais.

n) Solicitar dos órganos urbanísticos competentes a aprobación de estudios de detalle da unidade de actuación e os proxectos de compensación e urbanización.

o) En xeral, o exercicio de cantos dereitos e actividades lle correspondan en aplicación da lexislación vixente.

2. Para o cumprimento de tales fins, a entidade, logo de aprobación definitiva dos presentes estatutos e inscrición no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras, terá plena personalidade xurídica propia e capacidade xurídica.

Artigo 5º.-Ámbito que constitúe o seu obxecto.

Os terreos que constitúen o ámbito espacial de actuación da xunta, son os incluídos na unidade de execución VI-13 Ramón Nieto 7, coa delimitación representada graficamente nos seus planos e documentos.

Artigo 6º.-Duración.

A entidade constitúese por todo o tempo necesario ata a total consecución do seu obxecto social, a non ser que antes fose acordada a súa disolución e liquidación segundo o disposto nos presentes estatutos.

Artigo 7º.-Estatutos. Bases de actuación.

1. Os presentes estatutos son as regras de organización e funcionamento da Xunta de Compensación. As bases de actuación, unidas a estes estatutos, son as regras de incorporación, execución e liquidación dos efectos de actuación da xunta.

2. A modificación dos estatutos e as bases de actuación require acordo favorable adoptado en asemblea xeral polo 60% de participación na xunta, e terá de ser aprobada polo Concello de Vigo.

Artigo 8º.-Proxecto de compensación.

En desenvolvemento dos criterios resultantes das bases, redactarase, no seu día, o proxecto de compensación no que se reflectirán os predios achegados e resultantes, cos seus adxudicatarios, os terreos de cesión obrigatoria á Administración actuante e o importe das compensacións, en metálico se fosen procedentes, servindo de título para a adxudicación dos terreos e a inscrición no Rexistro da Propiedade.

TÍTULO II

Constitución da Xunta de Compensación

Artigo 9º.-Compoñentes e incorporación á xunta.

1. A xunta componse das persoas físicas ou xurídicas, privadas ou públicas, propietarias dos terreos incluídos na unidade de execución, sen discriminación ningunha en canto a dereitos e obrigas, que acepten o sistema ou se adhiran a el antes do outorgamento da escritura pública de constitución formal da Xunta de Compensación, ou no prazo máximo que naquela se fixe.

2. Así mesmo, forman parte da xunta, o representante do Concello de Vigo designado en legal forma e, se é o caso, os propietarios de terreos destinados a sistemas xerais que teñan que facer efectivo o seu dereito na unidade de execución.

3. Tamén poderán formar parte da xunta, empresas urbanizadoras representadas por unha soa persoa, cos requisitos e condicións que se sinalen nestes estatutos e nas bases de actuación.

4. Os propietarios non promotores da xunta poderán incorporarse a esta durante o prazo de información pública, unha vez recaída a aprobación ini

cial, ou no prazo dun mes a partir da notificación persoal de aprobación definitiva dos presentes estatutos. Transcorridos os ditos prazos, a incorporación á xunta só poderá efectuarse mediante escritura pública de adhesión, dentro do prazo que para o efecto se fixe na escritura pública de constitución da Xunta de Compensación.

5. A incorporación á xunta en calquera dos momentos sinalados no punto anterior, será solicitado polo interesado mediante escrito que terá que presentar no rexistro xeral do Concello de Vigo, facendo constar expresamente a súa adhesión ós estatutos e ás bases de actuación, os seus datos persoais e domicilio para efectos de notificacións, así como a superficie e lindeiros do predio ou predios propiedade do solicitante e a documentación xustificativa da súa propiedade.

6. Para que a incorporación produza efecto será preciso que os propietarios paguen, no prazo dun mes desde que sexan requiridos pola xunta, as cantidades correspondentes a gastos xa realizados e os previstos para futuras etapas, en función das cotas respectivas; cantidade que non poderá ser superior á que desde ese día lles corresponda ós que xa estivesen integrados na xunta, en función da proporción aplicable.

7. A Xunta de Compensación estará facultada, na súa condición de beneficiaria, para exerce-lo dereito de expropiación forzosa de acordo co disposto nestes estatutos e nas bases de actuación: cando o afectado por esta unidade de actuación non solicitara a súa incorporación á xunta no período de información pública dos estatutos ou no tempo da notificación persoal da aprobación definitiva ou, cando xa incorporado á xunta, non fixera efectivas ás cantidades procedentes no prazo sinalado no punto anterior.

Artigo 10º.-Constitución da Xunta de Compensación.

1. Os promotores da xunta convocarán a tódalas persoas físicas ou xurídicas, privadas o públicas e, se é o caso, ás empresas urbanizadoras incorporadas a esta, que teñan aceptado o sistema de actuación para a constitución definitiva da entidade, realizándose a convocatoria mediante carta certificada, polo menos dez días hábiles antes da data prevista, sinalándose nela o obxecto da convocatoria e a data e lugar no que se haberá de outorga-la escritura pública de constitución da Xunta de Compensación.

2. A constitución farase mediante escritura pública, na que se fará constar:

a) Relación dos propietarios e, se é o caso, empresas urbanizadoras.

b) Relación de predios dos que sexan titulares.

c) Persoas físicas que foran designadas para ocupa-los cargos do órgano rector que exercerán as funcións de presidente, vocal representante dos asociados minoritarios e secretario.

d) Acordo de constitución.

e) Outras declaracións de interese ó obxeto da Xunta de Compensación.

3. Os interesados que, incorporados, non outorguen a escritura, poderán consenti-la súa incorporación en escritura de adhesión dentro do prazo que para o efecto se sinale. A non adhesión no prazo fixado suporá definitivamente a non incorporación á Xunta de Compensación.

Non obstante, as empresas urbanizadoras poderanse incorporar aínda despois de constituída a xunta, nas condicións que acorde a asemblea xeral, co voto favorable do 60% das cotas, e coas garantías e compromisos que nela se esixan.

4. Copia autorizada da escritura e das adhesións, se é o caso, trasladaranse ó concello que adoptará, se é o caso, acordo aprobatorio no prazo de trinta días, elevando o acordo, xunto coa copia autorizada da escritura á Administración competente para a súa inscrición no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras.

Artigo 11º.-Incorporación da Administración actuante.

O Concello de Vigo, como órgano de control e fiscalización, designará un representante como membro integrante da Xunta de Compensación.

Artigo 12º.-Titularidades especiais.

Cando os predios pertenzan a menores ou incapacitados, formarán parte da Xunta os seus representantes legais, sen diminución das facultades fiduciarias de disposición e administración da Xunta.

Se se adxudican cantidades ós menores ou incapacitados, daráselle-lo destino que sinala a lexislación civil; e se se adxudican inmobles inscribiranse a favor dos titulares rexistrais dos predios achegados, se estes tivesen acceso ó rexistro con anterioridade.

1. No caso de existir cotitularidade sobre un predio ou dereito, os cotitulares terán que designar unha persoa para o exercicio das súas facultades como asociado, respondendo solidariamente fronte á entidade de cantas obrigas emanen da súa condición. Se non designaren representante no prazo que para o efecto se sinale pola xunta, será nomeado por ésta entre os cotitulares. O designado neste caso exercerá as súas funcións mentres os interesados non designen a outro no seu lugar.

2. No caso de que algún predio pertenza en núa propiedade a unha persoa, tendo outra calquera dereito limitativo de dominio, a calidade de asociado corresponderá á primeira, sen prexuízo dos dereitos e obrigas que ostenten os segundos.

Artigo 13º.-Transmisión de bens e dereitos.

1. A incorporación dos propietarios non presupón a transmisión á xunta da propiedade dos inmobles, pero a Xunta de Compensación actuará como fiduciaria con pleno poder de xestión, administración e disposición, para acarda-lo obxecto da actuación.

2. A xunta será beneficiaria da expropiación tanto dos bens dos que os seus propietarios non se incorporen en prazo e forma a esta, coma no caso de incumprimento das obrigas contraídas, nos supostos enumerados nas bases de actuación.

O procedemento expropiatorio é o establecido na lexislación urbanística para actuacións illadas e, en canto á valoración, haberá que aterse ó sinalado nas bases de actuación. Nembargantes, as superficies que teñan que ser obxecto de cesión con destino ó uso público previsto no planeamento, poderán ser ocupadas e as construccións, instalacións e plantacións, derrubadas pola Xunta de Compensación, co fin de non paraliza-la execución da urbanización, todo isto sen prexuízo da continuación do expediente contradictorio de prezo xusto, se é o caso.

Unha vez aprobado pola xunta o proxecto de compensación e antes do derrubamento das instalacións, plantacións ou construccións e da ocupación dos terreos nos que se sitúen, o perito designado pola xunta redactará o informe pericial do estado e valoración das construccións, instalacións e plantacións afectadas.

3. A xunta poderá gravar e allear terreos, xa fosen incorporados a esta por expropiación, xa fosen achegados polos seus membros para facer fronte ós gastos de urbanización, logo do acordo adoptado na asemblea xeral.

4. Os membros integrantes da xunta poderán allea-los terreos ou a súa participación neles, coas seguintes condicións e efectos:

a) O transmitente notificará en forma fidedigna ó presidente da xunta o nome, domicilio e demais circunstancias do adquirente, así como as condicións da transmisión para os efectos dá súa necesaria constancia.

b) O adquirente por calquera título quedará subrogado nos dereitos e en tódalas obrigas pendentes por razón da participación alleada, facéndose expresa mención disto no título de transmisión.

TÍTULO III

Dereitos e obrigas dos membros da Xunta de Compensación

Artigo 14º.-Dereitos.

Son dereitos dos membros da Xunta de Compensación os seguintes:

a) Asistiren, por si ou por medio de representante, ás sesións da asemblea xeral, e emiti-lo seu voto en proporción ó dereito ou interese económico que ostente e presentar proposicións e suxestións.

b) Elixi-los membros dos órganos de goberno e ser elixido para o desempeño dos cargos.

c) Allear, gravar ou realizar calquera acto de disposición sobre os terreos ou cotas en propiedade, nos termos e condicións sinalados no número catro do artigo precedente.

d) Percibir, individualmente ou en copropiedade, as parcelas que lles sexan adxudicadas en execución do sistema de actuación, en proporción ás súas cotas respectivas.

e) Participar, se é o caso, nos beneficios resultantes da xestión común ó tempo da súa liquidación, en proporción ás súas respectivas cuotas.

f) Informarse sobre a actuación da xunta e coñece-lo estado de contas, solicitando a exhibición de recibos e xustificantes e certificacións das actas, todo isto nas condicións que se acorden na asemblea xeral.

g) Exerce-los recursos que procedan contra os acordos e resolucións dos órganos de goberno da Xunta, nos prazos e cos requisitos establecidos nos presentes estatutos.

h) Os demais dereitos que lles correspondan de conformidade co disposto nos estatutos e bases de actuación e na normativa legal aplicable.

Artigo 15º.-Obrigas.

Son obrigas dos membros da Xunta de Compensación, as seguintes:

a) Poñer á disposición da xunta os documentos acreditativos da súa titularidade, acreditando a superficie computable mediante certificación rexistral ou testemuño notarial do título de adquisición. A falta de ámbalas dúas, o propietario deberá presentar declaración xurada na que faga consta-la superficie, os propietarios lindantes e o título de adquisición, acompañando dun esbozo e cantos documentos poidan acredita-la súa condición de propietario, tales como recibo xustificativo do pagamento da contribución territorial urbana, certificación do catastro ou censo.

Se é o caso, indica-los nomes e domicilio dos titulares de dereitos reais, con expresión da natureza e contía das cargas e gravames.

b) Sinalar, no momento de incorporación á Xunta, un domicilio para efectos de notificacións, así como as sucesivas modificacións, para constancia na secretaría da xunta, reputándose ben practicada calquera noficación que ó citado domicilio se dirixa.

c) Cumpri-los acordos validamente adoptados pola asemblea xeral ou o consello rector e acata-la autoridade dos seus representantes, sen prexuízo dos recursos ós que houbese lugar.

d) Paga-los gastos de urbanización e as cotas ordinarias e extraordinarias, na contía que a cada membro corresponda e nos prazos que para o efecto se sinalen.

e) Regulariza-la titularidade e situación rexistral dos terreos achegados, dentro dos prazos sinalados polo consello rector.

f) Efectua-las cesións gratuítas de terreos que resulten da actuación e outorga-los documentos necesarios para formaliza-las devanditas cesións.

g) Permiti-la ocupación dos seus predios para a execución das obras de urbanización, depósito de materiais e instalacións complementarias.

Permitir igualmente á xunta, unha vez aprobado pro esta o proxecto de compensación, a ocupación e derrubamento das construccións, instalacións e plantacións situadas no solo, subsolo ou voo que teñan que ser obxecto de cesión con destino a uso público ou servicios, todo isto sen prexuízo da con

tinuación do expediente contradictorio de prezo xusto, se é o caso.

h) No suposto de que algún dos propietarios decidise proceder ó alleamento, parcial ou total, dos terreos achegados á xunta ou da cota que lle fose atribuída, o transmitente deberá notificalo na forma prevista no artigo 13º.4 destes estatutos.

i) Designar, nos supostos de copropiedade, unha persoa que represente ós cotitulares ante os órganos representativos da entidade, sen prexuízo da responsabilidade solidaria daqueles no exercicio dos dereitos e cumprimento das obrigas.

TÍTULO IV

Órganos de goberno e administración

Artigo 16º.-Enumeración.

Os órganos de goberno e administración da Xunta de Compensación, quedarán constituídos polos seguintes:

a) Asemblea xeral.

b) Consello rector ou comisión executiva.

c) Presidente.

d) Secretario.

Capítulo I

Asemblea xeral

Artigo 17º.-Composición e clases.

1. A asemblea, órgano deliberante supremo da Xunta de Compensación e decisorio no ámbito da súa competencia, estará constituída por tódolos membros da Xunta de Compensación e reunirase en forma ordinaria, como mínimo, unha vez ó ano, coa finalidade de deliberar e tomar acordos sobre a aprobación, se é o caso, da memoria, contas, balance e xestións realizadas, e para aproba-lo orzamento do exercicio seguinte.

En sesión extraordinaria reunirase cantas veces considere necesario o seu presidente, o consello rector ou a comisión executiva por maioría dos seus membros, ou sexa solicitado por un número de membros da cunta que representen unha cuarta parte do total de cotas.

2. Serán presidente e secretario da asemblea os que o sexan do consello rector. Formará parte da asemblea o representante do concello, como órgano de control e fiscalización e, se é o caso, como propietario.

3. Estando reunidos tódolos membros da xunta, poderase celebra-la asemblea se se acorda por unanimidade, sen que sexa necesaria previa convocatoria.

4. Tódolos membros da xunta, incluso os disidentes e os que non asistisen á reunión, quedarán sometidos ós acordos validamente adoptados, sen prexuízo dos recursos procedentes.

Artigo 18º.-Facultades.

A asemblea xeral coñecerá de todos cantos asuntos afecten ó obxecto e fins da Xunta de Compensación,

sinalándose, con carácter enunciativo e non limitativo, as seguintes facultades:

a) Modificación dos estatutos e bases de actuación, sen prexuízo da súa aprobación posterior polo Concello de Vigo.

b) Designación e cesamento dos membros do consello rector e nomeamento, se é o caso, de censores de contas.

c) Exame e aprobación da xestión común, memoria, contas e balance do exercicio anterior e a do orzamento e proxectos do seguinte.

d) Determinación dos medios económicos, de acordo co establecido nas bases de actuación e disposicións legais. Fixación das achegas ordinarias, así como imposición de derramas extraordinarias, para atende-los gastos non previstos no orzamento anual.

e) Autoriza-la formalización de actos dispositivos sobre bens e dereitos da xunta, tales como adquisicións, alleamentos, segregacións, divisións, agrupacións, permutas, obras, plantacións, declaracións de obra nova e división horizontal, constitución de dereitos reais, cancelación deles e demais actos de administración e disposición relativos ós bens e dereitos pertencentes á Xunta de Compensación.

f) Determina-la prioridade na execución das obras de urbanización e edificación, se é o caso, por proposta do consello rector, dentro das previsións do plan e etapas, así como acorda-las fases en que se proceda á execución e urbanización da unidade de execución.

g) Acorda-la redacción e aprobación do proxecto de compensación, así como do estudio de detalle e do proxecto de urbanización e os seus reformados.

h) Adxudica-las parcelas e pisos ou locais nos que teñan de facer efectivos os seus dereitos os propietarios integrantes da unidade de execución e, para estes efectos, aproba-la redacción das escrituras de declaración de obra nova, división horizontal e adxudicación.

i) Acorda-la constitución de garantías que poidan esixi-los órganos urbanísticos para asegura-las obrigas contraídas pola Xunta de Compensación.

j) Acorda-la formalización de créditos para realiza-las obras de urbanización, incluso con garantía persoal e/ou hipotecaria dos terreos afectados.

k) Resolver sobre a incorporación de empresas urbanizadoras e acorda-la constitución de sociedades con fins de urbanización, edificación, explotación de servicios, ou complementarias delas.

l) Acorda-la disolución da Xunta de Compensación, de acordo co previsto nestes estatutos.

m) En xeral, cantas facultades sexan necesarias para o normal desenvolvemento da xunta.

Artigo 19º.-Convocatoria.

1. As reunións da asemblea xeral e ordinaria serán convocadas polo presidente do consello, mediante carta certificada remitida ó domicilio sinalado para estes efectos polos membros asociados á xunta, con oito días hábiles, polo menos, á data en que se teñan

que celebrar e fixando, coa mesma antelación, un anuncio no domicilio social.

2. En ámbolos dous casos, a convocatoria expresará o lugar, día e hora da primeira e segunda convocatoria de reunión, así como a orde do día expresiva dos asuntos que se teñan que someter a coñecemento e resolución da asemblea.

3. Na convocatoria das asembleas xerais ordinarias, indicarase que, no domicilio social en horas hábiles e ata o día da reunión, se atopan á disposición dos asociados a memoria e contas do exercicio anterior, con informe dos censores, se é o caso, e o orzamento para o exercicio seguinte.

4. As reunións da asemblea xeral extraordinaria serán convocadas, cos mesmos requisitos establecidos para as ordinarias, polo presidente do consello rector, cando o coide conveniente ou dentro dos quince días hábiles seguintes ó requirimiento escrito que, para o efecto, lle dirixise o consello rector, logo da aprobación maioritaria dos seus membros, ou dun número de membros da xunta que representen unha cuarta parte do total de socios.

5. Estando reunidos tódolos membros da xunta, poderanse celebra-las asembleas se se acorda por unanimidade, sen necesidade de previa convocatoria.

Artigo 20º.-Constitución.

1. A asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria, cando concorran a ela, por si ou por medio de representación, socios da xunta que representen, polo menos, o 60 % das cotas. Entenderase validamente constituída en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asistentes, transcorrida unha hora despois da primeira.

2. Os socios poderán designar, por escrito e para cada reunión, a outras persoas que lles representen nas asembleas. As persoas xurídicas terán que designar unha soa persoa para a súa representación.

Artigo 21º.-Sesións.

1. O presidente do consello rector, ou quen regulamentariamente o substitúa, presidirá a asemblea xeral, dirixirá e moderará os debates, pasando á votación de acordo se procedese.

Actuará como secretario quen o sea do consello rector, ou o seu substituto.

2. Os acordos adoptaranse por maioría de cotas presentes ou representadas. Nembargantes, requirirán o voto favorable de socios que representen, cando menos, o 60% das participacións dos propietarios integrados na xunta, tanto en primeira como en segunda convocatoria:

a) Os acordos de modificación de estatutos e bases.

b) Sinalamento e rectificación de cotas.

c) Concertación de créditos, garantías persoais e hipotecas.

d) Imposición de achegas extraordinarias.

e) Alleamento de terreos.

f) Incorporación de empresas urbanizadoras e garantías e compromisos esixibles.

g) Aprobación e modificación de proxectos de urbanización, compensación e edificación, se é o caso, e adxudicación das parcelas e dos pisos e locais no que vaian facer efectivos os seus dereitos os propietarios integrantes da unidade de execución.

h) Remoción de cargos.

Requirirase o 75% das participacións dos propietarios integrados na xunta, tanto en primeira como en segunda convocatoria, para acorda-la disolución da Xunta de Compensación.

3. Os acordos da asemblea serán inmediatamente executivos, sen prexuízo dos recursos procedentes.

Artigo 22º.-Cómputo de votos.

1. O voto será ponderado en función da achega de cada socio. A cada un deles asignaráselle un número de unidades de valor segundo o aproveitamento que lle corresponde no polígono, expresivo dos seus respectivos dereitos ou intereses económicos, correspondendo unha unidade de valor por cada metro cadrado aportado.

2. Cada unidade de valor dará dereito a un voto.

3. No caso de non resultaren homoxéneas as concretas cualificacións urbanísticas dos terreos, os seus aproveitamentos, usos ou volumes edificables asignados en función da situación dos terreos, poderase acorda-la aplicación de criterios correctores.

4. As unidades de valor correspondentes ós predios que sexan adquiridos pola entidade en virtude de expropiación, atribuiranse ós propietarios asociados en proporción ás unidades de valor que posúan.

5. No suposto de incorporación de empresas urbanizadoras, no momento de integración destas, procederase ó reaxuste das participacións porcentuais dos asociados, asignando a cota correspondente á empresa urbanizadora incorporada.

6. O valor dos demais bens e dereitos distintos ó solo afectado non influirá na participación dos socios e determinarase, para efectos de compensación procedente, de acordo co establecido nas bases de actuación.

7. Os membros asociados que non estean ó día no cumprimento das súas obrigas coa xunta, quedarán suspendidos no seu dereito a voto mentres permanezan na antedita situación de incumprimento.

Artigo 23º.-Actas.

1. De cada reunión da asemblea xeral levantarase acta, redactada polo presidente e o secretario, que terá de ser aprobada na mesma reunión, na que se fará consta-lo lugar, o día e a hora dela, se é en primeira ou en segunda convocatoria, nome e apelidos dos asistentes, que subscribirán o acta e, se é o caso, dos que actúan en representación; orde do día, que será a consignada na previa convocatoria; relación clara e sucinta dos acordos adoptados en relación a cada un dos puntos da orde do día, con resultado das votacións.

Na parte inmediatamente inferior, subscribirá a acta o secretario da xunta co visto e prace do presidente.

2. As actas figurarán no libro correspondente, debidamente dilixenciado e foliado.

3. Por requirimiento dos socios ou dos órganos urbanísticos, o secretario expedirá certificacións do contido do libro de actas ou dos particulares que se sinalen del, co visto e prace do presidente e, previamente a súa legalización e, se é o caso, aprobación do Concello de Vigo, serán inscribibles nos rexistros públicos de todas clases.

Capítulo II

Consello rector ou comisión executiva

Artigo 24º.-Composición.

1. O consello rector ou comisión executiva estará composto por un presidente, un vocal representante dos asociados minoritarios e un secretario. Os cargos recaerán nas persoas físicas sinaladas na escritura pública de constitución da Xunta de Compensación, os cales se someterán a votación na primeira asemblea xeral que se celebre para a súa eventual ratificación.

Así mesmo, formará parte do consello rector, o vocal designado por el Concello de Vigo, como órgano de control, podendo ser persoa allea á xunta.

2. O presidente e o secretario serán designados por maioría entre os que ostentan a calidade de socio da Xunta de Compensación ou, por proposta destes, entre persoas que teñan acreditada competencia en materia urbanística. Os asociados minoritarios designarán un vocal que os represente.

Artigo 25º.-Duración dos cargos.

1. Os nomeamentos dos cargos designados pola xunta terán un ano de duración desde a data da súa elección na asemblea xeral, se ben, poderán ser reelixidos, nunha ou varias reeleccións, ou removidos dos seus cargos, co voto favorable dos asociados que representen o 60% das cotas de participación.

2. No caso de falecemento, renuncia -que se deberá notificar fidedignamente á xunta- ou acordo de cesamento dalgún membro, o consello rector nomeará por maioría individual dos seus membros un substituto provisional ata nova reunión da asemblea xeral.

Artigo 26º.-Competencia.

Son funciones específicas do consello rector, as seguintes:

a) Proposición de acordos á asemblea xeral.

b) Execución de acordos adoptados pola asemblea xeral.

c) Administración dos fondos da Xunta de Compensación, formalizando a memoria, contas correspondentes e orzamento anual de ingresos e gastos de cada exercicio económico que vaia ser sometido á asemblea xeral, de acordo co establecido nestes estatutos e o que dispoña a asemblea xeral.

d) Representación xurídica da Xunta de Compensación, en virtude da cal autorizará e outorgará toda clase de actos e contratos, públicos ou privados, civís, mercantís e administrativos, que teñan por finalidade executa-los acordos da asemblea xeral ou se refiran a asuntos de competencia da comisión executiva ou consello rector.

e) Facer e esixir pagamentos, cobramentos e liquidacións, calquera que sexa a súa causa xurídica e a persoa ou entidade obrigada, de conformidade co acordado pola asemblea xeral.

f) Abrir e manter contas e depósitos en entidades bancarias ou de aforro sen excepción ningunha, e dispoñer dos seus fondos mediante a sinatura das persoas que para tal fin sexan autorizadas.

g) Expedir, aceptar, endosar, descontar e protestar letras de cambio, talóns, cheques ou obrigas de pagamento.

h) Realizar operacións coa Facenda pública en calquera das súas caixas, bancos de carácter oficial ou privado, caixas de aforro, sociedades, empresas e particulares.

i) Acorda-la realización de toda clase de actos de dominio, tales como adquisicións, alleamentos, segregacións, divisións, agrupacións, permutas, obras, plantacións, declaracións de obra nova e división horizontal, constitución de dereitos reais, cancelación deles, relativos ós bens e dereitos pertencentes á Xunta de Compensación, logo da súa aprobación pola asemblea xeral, agás dispensa desta para supostos concretos.

j) Propoñer á asemblea xeral as cotas correspondentes ós socios da Xunta de Compensación, así como as modificacións ou reaxustes procedentes por novas achegas ou por consecuencia das operacións de compensación.

k) Fixa-las cantidades necesarias para contribuír ós gastos comúns ordinarios e extraordinarios, así como a forma e prazo no que se van satisfacer, e proceder contra os asociados morosos para facer efectivo o pagamento das cantidades que lles correspondan, así como requirir ó concello para que proceda sobre os morosos pola vía de constrinximento.

l) Notificar ós órganos urbanísticos competentes os acordos que teñan que producir efectos ante aqueles.

m) Solicita-la concesión de beneficios fiscais e exencións tributarias que as disposicións vixentes establezan a favor da Xunta de Compensación.

n) E, en xeral, tódalas facultades de goberno e administración que non foran reservadas á asemblea xeral ou aqueloutras que ésta, expresamente, delegue.

Artigo 27º.-Sesións.

1. O Consello Rector, reunirase cantas veces sexa necesario para os intereses da Xunta de Compensación, por iniciativa do presidente ou por petición da metade dos seus membros.

2. A convocatoria, con indicación dos asuntos que se van tratar, lugar, data e hora da sesión, será cursada polo secretario en carta certificada, cun mínimo de cinco días de antelación, quedando validamente constituído o consello rector cando acudan á reunión, presentes ou representados, polo menos as tres cuartas partes dos seus membros; estes poderán delegar, por escrito e para cada sesión, nalgún dos restantes membros.

3. Os acordos do consello rector serán adoptados por maioría de votos, recoñecéndoselle calidade de voto dirimente ó presidente, no caso de empate, e serán executivos inmediatamente, sen prexuízo do exercicio dos recursos procedentes.

Artigo 28º.-Actas e certificacións.

1. De cada sesión do consello rector, levantarase acta, na que se farán consta-los acordos adoptados e o resultado das votacións, e sereá aprobada na mesma sesión ou na seguinte que se celebre.

2. As actas figurarán no libro de actas correspondente, debidamente dilixenciado, e serán asinadas polo presidente e o secretario.

3. Por requirimento dos socios ou dos órganos urbanísticos, deberá o secretario, co visto e prace do presidente, expedir certificacións do contido do libro de actas.

Capítulo III

Presidente

Artigo 29º.-Nomeamento.

O presidente será designado pola asemblea xeral e o seu nomeamento terá unha duración dun ano, podendo proceder á súa reelección por períodos iguais e indefinidamente.

Artigo 30º.-Funcións.

Son funcións do presidente:

a) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións da asemblea xeral e do consello rector, dirixi-las deliberacións e executar e facer cumpri-los acordos.

b) Ostenta-la representación xudicial e extraxudicial da Xunta de Compensación e dos seus órganos de goberno, ante toda clase de xulgados e tribunais, autoridades e organismos da Administración estatal, autonómica ou local, así como ante toda clase de persoas xurídico-privadas, podendo outorgar poderes a favor de persoas determinadas e para funcións específicas, así como a favor de avogados e procuradores coas máis amplas facultades de postulación.

c) Autoriza-las actas da asemblea xeral e do consello rector, as certificacións que expida o secretario, e cantos documentos o requiran.

d) Na forma na que o consello rector determine, abrir, seguir e cancelar, a nome da Xunta de Compensación, contas correntes ou de aforro en toda clase de bancos ou institucións de crédito e aforro, dispoñer destas contas, para o cal bastará a sinatura do secretario conxuntamente coa súa. Expedir, acep

tar, endosar, renovar, anular e descontar efectos mercantís, protestar por falta de aceptación ou de pagamento de letras de cambio e, en xeral, desenvolver todas aquelas operacións bancarias esixidas pola actividade da Xunta de Compensación.

e) Cantas funcións sexan inherentes ó seu cargo ou lle sexan delegadas pola asemblea xeral ou o consello rector.

Capítulo IV

Secretario

Artigo 31º.-Nomeamento.

O secretario será nomeado en igual forma e polo mesmo período có presidente e, no caso de vacante, o cargo será desempeñado por un membro do consello rector designado polo seu presidente.

Artigo 32º.-Funcións.

Serán funcións do secretario:

a) Asistir preceptivamente a tódalas reunións da asemblea xeral e do consello rector.

b) Levantar acta das sesións, trancribíndoas no libro de actas correspondente.

c) Expedir certificacións do contido do libro de actas, co visto e prace do presidente.

d) Levar un libro-rexistro, no que se relacionarán os socios integrantes da Xunta de Compensación, con expresión das súas circunstancias persoais, domicilio, data de incorporación, cota de participación, número de votos e cantos datos complementarios se coiden pertinentes.

e) Efectua-las notificacións dos acordos da asemblea xeral ou do consello rector ós órganos urbanísticos competentes, así como ós asociados integrantes da xunta.

f) Custodia-la documentación da Xunta de Compensación.

g) Exercer nos casos de vacante, ausencia, imposibilidade ou enfermedade do presidente, tódalas facultades que correspondan ó presidente.

h) Substitui-lo presidente nos casos en que este delegue as súas funcións.

i) Asinar, conxuntamente co presidente, os documentos de disposición de fondos a que se refire o artigo 30º d) destes estatutos.

Capítulo V

Xerencia técnica

Artigo 33º.-Nomeamento.

O consello rector poderá designar, logo do consentimento e aprobación da asemblea xeral, unha xerencia técnica de entre os asociados ou non á xunta. O seu nomeamento terá a duración que se acorde no acto da súa designación, coa retribución que corresponda ás actividades que esta vaia desenvolver, por acordo maioritario do propio consello rector.

Artigo 34º.-Funcións.

No acto do seu nomeamento, o consello rector poderá atribuír á xerencia técnica, con expresión do seu contido e alcance, as funcións que estime convenientes formando parte inderrogable das súas funcións, as seguintes:

a) Executa-los acordos da asemblea xeral e do consello rector na medida que se acorde.

b) Asistir ás sesións do consello rector e asemblea xeral, con voz pero sen voto.

c) Representa-la Xunta de Compensación ante a Administración, para efectos de xestión administrativa.

d) Organiza-los servicios de réxime interior da Xunta de Compensación.

e) Cantas funcións lles sexan encomendadas pola asemblea xeral ou o consejo rector.

TÍTULO V

Achegas e medios económicos

Artigo 35º.-Clases de achega.

As achegas dos membros da xunta están constituídas:

a) Pola totalidade dos terreos e dereitos que resulten afectados pola actuación, sen prexuízo do respecto de edificacións preexistentes, de acordo co disposto nas bases de actuación.

b) Polas cotas ordinarias e extraordinarias satisfeitas polos asociados.

c) Polas subvencións, créditos, doazóns e outros medios económicos que se obteñan.

d) Polo producto dos alleamentos de bens da xunta, se é o caso.

e) Polas rendas e productos do seu patrimonio.

f) Polas achegas das empresas urbanizadoras, no caso da súa incorporación á Xunta de Compensación.

Artigo 36º.-Achega de terreos.

1. A participación nos dereitos e obrigas comúns e a conseguinte adxudicación de parcelas resultantes da urbanización, vén determinada polo número de unidades de valor que corresponden os predios achegados por cada un dos propietarios, calculada de acordo ó disposto nestes estatutos e nas bases de actuación.

2. Se os terreos estivesen gravados con algunha carga real, o propietario afectado terá que compartir co titular o dereito real a cota atribuída.

Se non se declara a carga ou se as declaracións non se axustan á realidade, os prexuízos que puidesen resultar serán por conta do propietario que incorrese en omisión e do valor das parcelas que lle correspondan deducirase o que resulte das cargas omitidas.

3. As indemnizacións que procedan por extinción de contratos de arrendamento de vivenda, local de negocio ou industria, serán por conta da Xunta de Compensación como gasto de urbanización, sempre que se trate de contratos celebrados con anterio

ridade á data de aprobación definitiva do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo.

4. O valor dos demais bens e dereitos afectados pola execución do plan que non deban subsistir o levarse a efecto a urbanización, é dicir, exclusivamente aqueles que teñan que derrubarse para a execución material da urbanización no solo que teña que ser obxecto de cesión con destino a uso público ou a servicios da unidade de execución, determinarase, a efectos da súa indemnización, de acordo coas bases de actuación, pero non influirá na participación dos asociados.

Artigo 37º.-Cotas e as súas clases.

1. Son cotas ordinarias, as destinadas a sufraga-los gastos xerais da xunta que se recollen nos orzamentos anuais, tales coma os de promoción da actuación urbanística, execución das obras de urbanización, aboamento de honorarios profesionais por elaboración de proxectos, dirección de obras, asesoramentos, intervención en procedemento de reclamación, etc., indemnizacións por expropiación de bens e dereitos, e cantos outros veñan esixidos polo cumprimento do obxeto da Xunta de Compensación.

2. Son cotas extraordinarias as que se fixen nos acordos específicos da asemblea xeral así, por exemplo, a asunción de compromisos de garantía, avais, fianzas constituídas polos membros da xunta para apoia-los compromisos que puidese contraer ésta no cumprimento das súas obrigas.

Artigo 38º.-Contía e recadación de cotas.

1. O consello rector, ó sinala-las cantidades que deban satisface-los socios integrados na Xunta de Compensación, definirá a forma e condicións de pagamento daquelas e procederá a súa recadación.

2. O importe das cotas será proporcional á participación de cada membro da xunta, incluído o concello pola súa participación como propietario, se é o caso.

3. O pagamento realizarase no prazo máximo dun mes, desde a data de notificación do requirimiento que efectuará o consello rector.

A falta de pago no prazo sinalado, dará lugar á imposición dunha recarga equivalente ó xuro básico determiñado polo Banco de España incrementado en dous puntos, se se pagase dentro dos quince días seguintes ó vencemento do prazo sinalado no parágrafo anterior.

Transcorrido este segundo prazo, instarase do concello a utilización da vía de constrinximento ou se utilizará a vía xudicial ordinaria, para reclama-lo pagamento como débeda contraída coa entidade.

4. No caso de reiterada actitude de incumprimento no pagamento das cotas, apreciada pola asemblea xeral, poderase instar do concello a utilización da expropiación forzosa en beneficio da Xunta de Compensación.

5. En todo caso, desde o remate do período voluntario de pagamento, sinalado no apartado 3 parágrafo 1º deste artigo, ata a efectividade deste, o asociado

moroso quedará en suspenso do exercicio dos seus dereitos dentro da Xunta de Compensación.

TÍTULO VI

Disolución e liquidación. Recursos

Artigo 39º.-Recursos.

1. Os acordos dos órganos da Xunta de Compensación son executivos e non se suspenderán pola súa impugnación, a non ser que así o acorde o órgano que deba resolve-lo recurso e así fose solicitado polo recorrente.

A suspensión, nembargantes, requirirá que, coa interposición do recurso se preste fianza na contía suficiente a xuízo do órgano ante o que se interpoña, para cubri-los danos e perdas que poidan producirse co aprazamento.

Se o recurso versa sobre o pagamento de aportacións ordinarias ou extraordinarias, a garantía consistirá no depósito da cantidade impugnada, máis un 25% dela, para responder dos xuros de demora e prexuízos producidos, ou mediante constitución de aval bancario na mesma contía.

2. Os acordos do consello rector poderán ser impugnados, no prazo de quince días hábiles desde a súa adopción ou desde a súa notificación ós ausentes, ante a asemblea xeral, que deberá resolver no prazo dun mes, transcorrido o devandito prazo sen resolución, entenderase desestimada a impugnación para os efectos de deducir recurso ordinario ante o Concello de Vigo, conforme se expresa no parágrafo seguinte.

3. Contra os acordos da asemblea xeral expresos ou por silencio, cabe recurso ordinario ante o Concello de Vigo, no prazo de quince días hábiles desde a súa adopción ou a súa notificación ós ausentes, ou desde a súa desestimación presunta por silencio.

4. Os acordos da asemblea xeral e do consello rector serán considerados firmes se non fosen impugnados nos prazos sinalados nos puntos precedentes, non obstante a súa executividade desde a data na que foron adoptados.

Os que votasen a favor do acordo, por si ou por medio de representante, non estarán lexitimados para a súa impugnación.

Artigo 40º.-Disolución.

1. A Xunta de Compensación disolverase por algunha das seguintes causas:

a) Cumprimento do fin para o que fose constituída a xunta, segundo os presentes estatutos.

b) Por mandato da autoridade xudicial ou prescrición legal.

c) En forma voluntaria, por acordo do 75% das cotas dos membros integrados na Xunta de Compensación, adoptado en asemblea xeral convocada para o efecto, sen perxuízo do cumprimento por subrogación que expresamente se fará constar na acta de disolución, das obrigas contraídas fronte a terceiros e fronte ós propios asociados.

2. A disolución da Xunta de Compensación dará lugar á extinción da súa personalidade xurídica, e poderase transformar en sociedade civil ou mercantil, se é o caso.

3. Nos supostos a) e c) do presente artigo, a disolución deberá ser aprobada polo concello.

4. O consello rector estará facultado, coas limitacións que a asemblea xeral acorde, para realiza-las operacións subseguintes á disolución.

Artigo 41º.-Liquidación.

1. Acordada validamente a disolución da entidade, o Consello Rector, procederá á liquidación, cumprindo as directrices e instruccións que para o efecto acorde a asemblea xeral.

2. O patrimonio común, se o houbese, distribuirase entre os asociados en proporción a súa participación na Xunta de Compensación.

Artigo 42º.-Asociación administrativa de conservación.

Rematada a urbanización, a xunta poderá acordar na asemblea xeral na que adopte a súa disolución, a súa transformación en asociación administrativa de conservación, o amparo do disposto no artigo 8 do Regulamento de xestión urbanística.

Artigo 43º.-Bases de actuación.

Forman parte destes estatutos as bases adxuntas, elaboradas de acordo ó disposto no Regulamento de xestión urbanística.

Artigo 44º.-Normas supletorias.

No non previsto nestes estatutos aplicarase o disposto na lexislación do solo e os seus regulamentos, Regulamento de reparcelacións e normas concordantes, e no que sexa analoxicamente aplicable a Lei de sociedades anónimas.

Bases de actuación

Primera.-Ámbito territorial e finalidade.

1. As presentes bases rexen a actuación da Xunta de Compensación constituída para a correcta execución do sistema de compensación e das obras de urbanización dos terreos integrados na Unidade de Execución.

2. A finalidade das bases é regulamenta-la incorporación dos membros da xunta no relativo á valoración das súas achegas, execución da obra urbanizadora e a liquidación dos efectos da xunta, mediante o sinalamento das normas referentes ó reparto de beneficios e cargas entre os seus compoñentes.

Segunda.-As bases como norma de distribución de beneficios e cargas.

Como medio de distribución de beneficios e cargas, como título para a adxudicación dos terreos resultantes da actuación e o desenvolvemento destas bases, formularase o correspondente proxecto de compensación, de conformidade co disposto no artigo 133 e concordantes da Lei do solo de Galicia, que

fan innecesaria a formulación dun expediente de reparcelación.

Terceira.-Obrigatoriedade e modificación das bases.

1. A obrigatoriedade das bases non impide a súa modificación mediante acordo adoptado en asemblea xeral cun voto do 60% de participación dos membros integrados na Xunta de Compensación e posterior aprobación polo Concello de Vigo, mediante os mesmos trámites seguidos para a súa aprobación.

2. Non obstante o anterior, cando o acordo modificativo sexa adoptado pola unanimidade dos membros da xunta e afecte unicamente á pura distribución de beneficios e cargas entre eles, será válido sen necesidade de tramitación, sen prexuízo da súa notificación ó concello con xustificación de ámbalas dúas circunstancias.

Cuarta.-Valoración.

1. Fíxase coma unidade de valor o metro cadrado de edificabilidade resultante por cada metro cadrado de superficie achegada das respectivas parcelas. Toda vez que tódolos terreos obteñen o mesmo aproveitamento urbanístico.

2. Sen prexuízo do sinalado no punto anterior, a Xunta de Compensación por propia iniciativa ou por petición de parte, poderá face-la oportuna revisión de superficies ou valores dos predios, para rectificar posibles erros, logo do dictamen técnico practicado para o efecto, sen prexuízo dos recursos procedentes.

3. No suposto de discrepancias sobre a titularidade da totalidade ou parte dun terreo ou sinalamento de lindeiros, a superficie discutida considérase pertencente a quen ostenta proba documental, indicios o testemuñas suficientes a xuízo da Xunta de Compensación, sen prexuízo da eventual reclamación xudicial ou de acordo entre os discrepantes.

Quinta.-Predios que haxa que expropiar. Valoracións.

1. A Xunta de Compensación será beneficiaria dos predios que lles expropie o Concello de Vigo ós propietarios afectados que non se incorporen a esta no prazo sinalado para o efecto, será igualmente beneficiaria nas expropiacións que tiveran lugar polo incumprimento das obrigas por parte dos membros da xunta; someténdose en ámbolos dous casos ó establecido na lexislación de expropiacións.

2. Os predios expropiados, por falta de incorporación dos seus propietarios á xunta, taxaranse de acordo co disposto na lexislación aplicable a valoracións urbanísticas, sen computar, en ningún caso, as expectativas da actuación.

Nos predios expropiados por incumprimento das obrigas sociais, engadiranse as cantidades satisfeitas para o pagamento de expropiacións previas e para gastos de urbanización, subrogándose o adquirente nas cargas devengadas ata ese momento polos devanditos conceptos.

3. A tramitación do expediente contradictorio do prezo xusto non será obstáculo para o derrubamento, pola Xunta de Compensación, das edificacións, ins

talacións e demais construccións, nin para a ocupación pola mesma xunta do solo, subsolo ou voo destinados a uso público ou servicios, unha vez aprobado o proxecto de compensación.

4. As indemnizacións que procedan pola extinción de contratos de arrendamento de vivenda, de local de negocio ou de industria serán sempre por conta da Xunta de Compensación como gastos de urbanización.

5. As adquisicións de terreos pola xunta en virtude de expropiación, están exentos con carácter permanente do imposto xeral de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e non terán a consideración de transmisións de dominio para os efectos da exacción do arbitrio sobre o incremento do valor dos terreos.

Sexta.-Elementos existentes sobre os predios achegados. Indemnización.

1. As edificacións, obras, plantacións, instalacións e outros elementos materiais existentes no solo, voo ou subsolo dos predios, non se consideran como valores achegados, pero os que se deban derrubar, de acordo co establecido nas presentes bases, para levar a cabo a urbanización do polígono, serán indemnizados con cargo ó fondo de compensación, en concepto de gastos de urbanización.

2. Entenderase que non se poden conserva-los elementos nomeados unicamente cando sexa necesaria a súa eliminación física para face-la obra de urbanización.

3. A determinación dos elementos que hai que derrubar e a súa expropiación, se é o caso, darase de acordo con estas bases, co disposto na lexislación de expropiación forzosa e o expresamente establecido nos estatutos e nas presentes bases de actuación.

4. As edificacións, obras, plantacións, instalacións e outros elementos existentes sobre os predios, nos que o seu derrubamento non sexa preciso en atención ó disposto nos parágrafos anteditos, poderanse conservar polos seus actuais propietarios, a excepción das partes ou superficies afectadas pola regularización dos seus lindes e as segregacións precisas de superficies obxecto de cesión para os fins do polígono.

5. A cualificación dos ditos edificios, obras, plantacións ou instalacións e outros elementos materiais existentes nas parcelas das que a súa demolición non sexa precisa para a realización das obras de urbanización, como fóra de ordenación, non dará lugar, en ningún caso, a dereito de indemnización por conta da Xunta de Compensación.

6. A adxudicación dun mesmo soar ou parte resultante da actuación a varios propietarios que teñan que materializar no dito soar o seu respectivo dereito, tampouco dará lugar a indemnización.

Sétima.-Valoración de elementos indemnizables.

1. A taxación dos elementos que deban derrubarse segundo o establecido na base precedente, efectuarase de acordo coas normas que rexen a expropiación

forzosa, e taxarase de acordo co valor exclusivamente material dos ditos elementos, con deducción dunha porcentaxe polo estado de conservación do elemento que se vai derrubar, sen que, en ningún caso, se poidan computa-las expectativas urbanísticas derivadas da presente actuación nin o uso actual ou futuro.

2. No caso de que, nas construccións que se vaian derrubar de acordo co disposto no punto anterior e na base precedente, os seus respectivos propietarios desenvolvan algunha actividade comercial ou industrial, indemnizaranse ademais dos gastos de transporte que implique o traslado pero non o cesamento da actividade nin outros conceptos, quedando compensado de abondo o seu propietario en atención á edificabilidade que se lle adxudica na actuación.

3. Para a determinación do prezo xusto, será designado un perito pola Xunta de Compensación, unha vez aprobado pola xunta o proxecto de compensación, e poderá o propietario afectado nomear outro. No caso de discrepancia entre ámbolos dous peritos ou no caso de non conformidade do propietario afectado co dictame do nomeado pola xunta, se este só procedese á valoración, seguiranse os subseguintes trámites da lexislación de expropiación forzosa, sen prexuízo de que en calquera momento posterior da súa tramitación poidan ámbalas partes chegar a un acordo sobre a valoración.

O prezo xusto, así determinado, terá carácter executivo, podendo a Xunta de Compensación comeza-las obras de derrubamento e ocupa-lo solo preciso para a execución das obras de urbanización, logo de consignación do importe dictaminado a disposición do propietario afectado e quedando o propietario obrigado ó desaloxamento. Todo iso sen prexuízo da continuación do expediente contradictorio do prezo xusto.

4. Nas plantacións taxarase o arboredo e demais plantacións e cultivos, atendendo exclusivamente ó seu valor agrícola e con base no criterio de reposición.

Oitava.-Existencia de cargas reais.

1. A existencia de cargas reais sobre algún dos predios incluídos na unidade de actuación, non altera a súa valoración como predio achegado, nin a adxudicación que lle corresponda a esta.

En canto á extinción e transformación das cargas reais haberá que aterse ó establecido no artigo 105 da Lei do solo de Galicia.

2. Para a expropiación e valoración abrirase o correspondente expediente conforme o disposto na lexislación de expropiacións e valoracións, para os efectos de constitución, modificación ou extinción de cargas e dereitos reais sobre os inmobles. O derrubamento e ocupación pola xunta dos elementos, instalacións, construccións e superficies obxecto de servidume, poderase realizar unha vez aprobado pola xunta o proxecto de compensación.

3. O custo da variación ou modificación de servidumes prediais e de dereitos reais sobre inmobles, será por conta dos seus respectivos titulares. A extin

ción de servidumes non dará lugar a indemnización por conta da Xunta de Compensación, no caso de que o servicio que presten sexa substituído polo previsto na nova ordenación.

Novena.-Valoración de cargas e dereitos.

1. A valoración, se é o caso, de servidumes prediais e de dereitos reais sobre inmobles, para os efectos da súa constitución, modificación ou extinción, que se teñan que indemnizar de acordo co disposto nestas bases, efectuarase de mutuo acordo e, no seu defecto, de acordo coas disposicións legais vixentes sobre expropiación que especificamente determinen o prezo xusto, subsidiariamente segundo as normas de dereito administrativo ou civil, atendendo ó dereito do que se trate e, no seu defecto, segundo o sinalado para os impostos de sucesións e doazóns e transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

2. Os arrendamentos rústicos, urbanos ou de industria que se deban extinguir por estar constituídos sobre edificacións que se deban derrubar e das cales a súa indemnización sexa a conta da Xunta de Compensación, segundo o establecido para o efecto nos estatutos e bases, serán valorados tendo en conta -nos alugueres urbanos e de industria-, as seguintes circunstancias:

a) Características da vivenda, local ou industria, obxecto de arrendamento.

b) Limitacións contidas nos respectivos contratos de arrendamento.

c) Dificultades de substitución do arrendamento en condicións análogas e diferencia de rendas.

d) Diferencia dos gastos de traslado.

e) Valor das melloras realizadas no inmoble, cando a súa percepción corresponda ó arrendatario.

Nos arrendamentos rústicos ponderarase:

a) Carácter da actividade económico-principal do arrendatario e alta na correspondente licencia fiscal.

b) Dificultade de substitución da devandita actividade.

c) Contía do beneficio do cultivador, atendendo ó arrendamento bruto.

d) Valor dos elementos mecánicos propios do arrendamento empregados na explotación.

e) Circunstancia de te-lo arrendatario o seu domicilio habitual no predio arrendado, con acreditación desta circunstancia.

3. En todo caso, conforme o establecido na base quinta, as indemnizacións por extinción de contratos de arrendamento de vivenda, local de negocio ou de industria, afectados pola urbanización serán sempre por conta da Xunta de Compensación como gastos de urbanización.

Décima.-Valoración no caso de incorporación de empresas urbanizadoras.

1. A valoración da achega de empresas urbanizadoras determinarase tendo en conta o custo do

orzamento dos proxectos e obras das cales asuma a súa realización.

2. A incorporación poderá producirse en calquera momento, nese caso, a asemblea xeral acordará a súa procedencia, condicións e garantías de incorporación, con determinación das contrapartidas á achega da empresa urbanizadora.

3. Os propietarios disconformes coa incorporación da empresa urbanizadora, por desexar sufragar por sí mesmos os gastos de urbanización que lles correspondan, sempre que fixeran constar en acta o seu compromiso, non serán afectados pola dita incorporación, para os efectos das adxudicacións procedentes.

Décimo primeira.-Contratación e control das obras de urbanización.

1. A execución das obras de urbanización, e as de edificación, no seu caso, serán concertadas pola Xunta de Compensación coa empresa ou empresas e técnicos que libremente sexan designados en virtude do acordo da asemblea xeral. A asemblea xeral poderá faculta-lo Consello Rector para adxudicar, directamente á empresa ou empresas incorporadas á xunta, a elaboración dos proxectos e as obras.

Consignarase, en todo caso, no contrato de execución de obras, ademais das habituais e as expresa

mente acordadas pola Xunta, as seguintes cláusulas:

a) O compromiso da empresa de axustarse, en prazo e modo de execución, ó proxecto de urbanización e ó acordado.

b) O compromiso da empresa de facilita-la acción inspectora sobre a realización das obras ó concello e o Consello Rector da Xunta de Compensación.

c) Os supostos de incumprimento que darán lugar á resolución do contrato e ás indemnizacións que se vaian satisfacer pola inobservancia das características técnicas ou prazos de execución.

d) Prazos e modo de aboamento pola xunta das cantidades a conta da obra realizada.

e) Retención de cantidades de cada pagamento parcial, como garantía da execución das obras, cantidades que non serán devoltas ata a definitiva recepción das obras.

2. Se é o caso, a Xunta de Compensación subscribirá, cos propietarios de terreo situados en polígonos ou unidades de execución estremeiras, os acordos necesarios para o enlace de infraestructuras e repercusión de custos de vías e circunvalacións.

Décimo segunda.-Prazos e formas de pagamento das cotas.

1. As cotas ordinarias e extraordinarias e as derramas que procedan conforme o disposto nos estatutos, serán satisfeitas no prazo máximo dun mes desde que foron requiridos para isto os propietarios integrantes da unidade, mediante carta certificada.

2. Transcorrido o prazo sinalado, sen efectuarse o pagamento, seguirase o procedemento establecido no artigo 38 dos estatutos.

3. O pagamento efectuarase en metálico podendo acordalo o Consello Rector, o aprazamento ou fraccionamento en atención ás condicións económico-persoais dalgún dos membros da xunta, sen que, en ningún caso, supoña prexuízo para o conxunto. Tamén poderá acordar a asemblea xeral, que o pagamento en metálico sexa substituído pola achega de industria ou pola entrega dunha parte dos terreos da súa propiedade á xunta, na proporción que corresponda á cota ou cotas, quedando como partícipe o propietario na cota correspondente ó terreo que reteña.

Décimo terceira.-Expropiación por incumprimento de obrigas.

1. Con independencia da expropiación que proceda por falta de incorporación á xunta, os terreos dos membros desta poderán ser obxecto de expropiación, como sanción, nos seguintes casos:

a) Por non paga-las cotas ordinarias e extraordinarias nos prazos establecidos no artigo 38 dos estatutos, se en anterior ocasión foi necesario acudir á vía de constrinximento para o cobramento dalgunha cota.

b) En xeral, o incumprimento reiterado dalgunha ou dalgunhas das obrigas sinaladas no artigo 15 dos estatutos, apreciado pola asemblea xeral e aprobada a sanción pola asemblea e o concello.

2. En canto ó procedemento expropiatorio, haberá que aterse ó establecido na base quinta.

Décimo cuarta.-Responsabilidade da Xunta de Compensación.

1. A Xunta de Compensación será directamente responsable, fronte ó concello, da urbanización completa do polígono, tanto no que respecta ás características técnicas das obras como no referente ós prazos de execución e transmisión ó concello.

2. No caso de falta de urbanización, o concello poderá exerce-la execución forzosa por vía de constrinximento.

3. No caso de comisión dalgunha infracción urbanística, haberá que aterse ó previsto no capítulo II do título VI da Lei do solo de Galicia sobre disciplina urbanística, se ben a xunta poderá repercuti-lo importe das multas sobre os membros da xunta directamente responsables das infraccións, sen prexuízo da responsabilidade patrimonial que os membros puidesen sufrir pola actuación daquela.

4. Cando a infracción, a anomalía ou a demora sexa imputable á empresa urbanizadora contratista das obras, que estea incorporada á Xunta, a responsabilidade repercutirase á propia empresa.

5. Polas infraccións cometidas con motivo da edificación das parcelas polos seus respectivos propietarios, responderán estes e as demais persoas que legalmente deban responder.

Décimo quinta.-Afección real dos terreos.

1. Os terreos quedan afectados ó cumprimento das obrigas inherentes ó sistema de compensación, o cal se fará constar no Rexistro da Propiedade por

instancia da Xunta de Compensación, con unión da certificación administrativa da constitución da xunta e de esta-lo predio incluído no polígono.

2. Os predios resultantes quedan afectados, con carácter real, ó pagamento dos custos de urbanización na proporción que corresponda, afección que se cancelará mediante certificación da Xunta de Compensación, unha vez pagados os custos á que se engadirá certificación da Administración acreditativa tamén da recepción das obras.

Décimo sexta.-Valoración dos predios resultantes.

1. Tendo en conta a homoxeneidade de aproveitamento das distintas parcelas, a valoración será efectuada pola edificabilidade atribuída a cada parcela resultante, a razón dunha unidade de valor por cada metro cadrado de edificabilidade.

2. Cando non sexa posible a correspondencia exacta entre a cota de participación dun membro na xunta e a cota de adxudicación en terreos, o defecto ou o exceso, compensarase en metálico atendendo ó prezo medio dos terreos adxudicados, referido ó aproveitamento concreto percibido en exceso ou deixado de percibir en terreo, sempre que as diferencias non sexan superiores ó quince por cento do valor dos terreos que se lle adxudiquen.

Décimo sétima.-Momento e criterios de adxudicación.

1. A aprobación definitiva do proxecto de compensación efectuada polo concello, a expedición do documento ou o outorgamento da escritura pública á que se refire o artigo 113, do Regulamento de xestión, determinará a inscrición no Rexistro da Propiedade e a subrogación con plena eficacia real das antigas polas novas parcelas, con aplicación das exencións fiscais nos termos establecidos no artigo 135.4º da Lei do solo de Galicia e lexislación concordante.

2. A adxudicación dos predios resultantes farase entre os membros da xunta, ó igual cós restantes beneficios ou cargas, en proporción ás participacións respectivas, de acordo co sinalado nos estatutos e nas presentes bases de actuación.

3. Os terreos libres das parcelas, se é o caso, adxudicaranse coa superficie edificable delas.

4. No caso de ser inferior o número de soares resultantes ó de titulares dos predios achegados ou pola escasa contía dos dereitos dalgúns dos membros da xunta, non sexa posible a atribución de predios independentes, adxudicaranse en proindiviso, expresándose no título a cota correspondente a cada copropietario agás que proceda a adxudicación en metálico, de acordo co previsto nestas bases, sen que por iso haxa lugar a indemnización por conta da Xunta de Compensación.

5. Só se asignarán volumes nos predios resultantes a aqueles terreos incluídos no perímetro da unidade nos que exista sinalado un sólido edificable.

Décimo oitava.-Momento de edificación dos terreos.

Co acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación, os propietarios integrados na xunta, ou a propia xunta, se é o caso, poderán iniciar, logo de licencia municipal, as obras de edificación das respectivas parcelas resultantes, antes de rematada a urbanización, nos termos resultantes do artigo 70.1º da Lei do solo de Galicia e artigos 41 e 42 do Regulamento de xestión, sen que iso obstaculice a normal execución das obras previstas no proxecto de urbanización.

Décimo novena.-Conservación da urbanización.

Ata que se produza a recepción dos servicios e terreos polo concello, a conservación da urbanización será por conta da Xunta de Compensación, de acordo cos criterios de proporcionalidade previstos para o pagamento das cotas da urbanización.

Vixésima.-Transmisión ó concello dos terreos e servicios.

1. O acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación producirá a cesión ó concello dos terreos obxecto de cesión gratuíta, para a súa afectación ós usos previstos no planeamento.

2. A cesión das obras de urbanización e instalacións previstas, se é o caso, producirase en beneficio do concello, no prazo de tres meses desde a súa recepción definitiva pola Xunta de Compensación.

3. A adxudicación dos predios e cesión de terreos ó concello, formalizarase mediante o proxecto de compensación. A cesión de obras e instalacións reflectirase na acta que subscribirá coa Xunta de Compensación.

Vigo, 14 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

5769