Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 28 de maio de 1998, o prego de cláusulas administrativas que rexerán o concurso polo procedemento aberto da obra do parque contorno natural Illa Remesquide, exponse ó público por un prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Simultaneamente anúnciase licitación pública para a adxudicación da dita obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións contra o prego, continuándose o que reste a partir do día seguinte da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra do parque contorno natural Illa Remesquide.

Tipo de licitación: 10.446.201 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: seis meses.

Garantías: a provisional establécese en 208.924 pesetas e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte ó que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

Modelo de proposicións: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios e impostos que procedan, incluído o IVE, así como os de dirección técnica das obras.

Vila de Cruces, 8 de xuño de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado