Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización dos terreos da fábrica de Refrey (expediente 4076/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o 28 de maio de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización dos terreos da fábrica de Refrey, conforme a documentación presentada por La Bouza Sur S.L., e redactado polo arquitecto José E. Pérez-Ardá Criado e o enxeñeiro técnico de obras públicas Luis A. Navarro Carbajal.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entendera aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, na planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

5776