Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno municipal do Concello de Valdoviño, en sesión celebrada o día 26 de xuño de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 4 das normas subsidiarias do planeamento relativa á incorporación dos sistemas xerais de Pantín, Baleo, Meirás leste e Meirás oeste; o que en cumprimento do artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, se somete a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación

deste anuncio, para que os interesados poidan presenta-las alegacións que teñan por conveniente.

Valdoviño, 29 de xuño de 1998.

Elisa Garrido Cantarero

Alcaldesa

5967