Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da autorización para a ocupación de zonas do dominio público municipal con valos publicitarios.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedras. Praza de España s/n 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

B) Dependencia que tramita o expediente. Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: autorización para a ocupación do dominio público viario municipal coa instalación de valos publicitarios.

B) Duración da concesión: será proposta polos licitadores sen que poida exceder de catro (4) anos contados a partir da adxudicación do concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Canon mínimo anual: 40.000 ptas. por valo que se vai ingresar nas arcas municipais, en cotas semestrais, dentro dos dez primeiros días do mes seguinte ó do vencemento do semestre.

5. Garantías:

A) Provisional: 350.000 ptas.

B) Definitiva: 700.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n Pontevedra 36071. Teléfono 986 80 43 00. Telefax 986 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, que no caso de resultar sábado se entendera prorrogado ó día hábil inmediato seguinte, ás 12 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Por maior canon económico ofertado ata un 30%.

2. Por mellor calidade e deseño de materiais que se van empregar, ata un 20%.

3. Por mellor plan de instalación e mantemento, ata un 20%.

4. Por menor número de puntos ou lugares de instalación de valos, ata un 10%.

5. Por cesión de valos gratuítos para campañas realizadas polo concello, ata un 10%.

6. Por reducción do prazo da autorización proposto polo licitador, ata un 10%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven da autorización incluído o IVE.

3º Os de formalización da autorización en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

Pontevedra, 8 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

6420