Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada con data do 26 de xuño de 1998, prestou aprobación ós pregos de cláusulas administrativas particulares,que rexerán a contratación por concurso aberto, trámite de urxencia, das obras que máis abaixo se relacionan; a saber:

* Proxecto técnico: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Ourol, Miñotos, Sixto, San Pantaleón e Xerdiz, (PIEL-1998).

* Proxecto técnico: accesos ós núcleos de Ourol, Merille, Xerdiz, Bravos, Sixto e San Pantaleón, (PCOS-1998).

Expóñense ó público polo prazo de oito días para efectos de exame e reclamacións conforme o disposto no artigo 122.1º do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Así mesmo, conforme o disposto no nartigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, se ben esta se aprazará no suposto de que se producisen reclamacións contra os referidos pregos, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello de Ourol.

b) Dependencias nas que se tramitan os expedientes: oficinas municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto dos contratos: é o obxecto dos contratos a execución da obra: proxecto de pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Ourol, Miñotos, Sixto, San Pantaleón e Xerdiz, e é o obxecto do outro contrato a execución da obra de accesoso ós núcleos de Ourol, Merille, Xerdiz, Bravos, Sixto e San Pantaleón segundo os proxectos técnicos redactados por Xosé Enrique Cacicedo Herrero, enxeñeiro de camiños, canles e portos, e aprobados pola Comisión de Goberno e expostos ó público no BOP nº 107, con data do 13 de maio de 1998.

b) Lugar de execución: termo municipal de Ourol.

c) Prazo de execución: pavimentación dos accesoso ós núcleos de poboación de Ourol, Miñotos, Sixto, San Pantaleón e Xerdiz, (PIEL-1998), 6 meses.

Accesos ós núcleos de Ourol, Merille, Xerdiz, Bravos, Sixto e San Pantaleón (PCOS-1998), 6 meses.

d) Tipo de licitación:

Pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Ourol, Miñotos, Sixto, San Pantaleón e Xerdiz, (PIEL-1998), 18.298.620 ptas., IVE incluído.

Accesos ós núcleos de Ourol, Merille, Xerdiz, Bravos, Sixto e San Pantaleón (PCOS-1998), 8.264.000 ptas., IVE incluído.

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

-Provisional da obra: pavimentación dos acesos ós núcleos de poboación de Ourol, Miñotos, Sixto, San Pantaleón e Xerdiz, (PIEL-1998), será de 365.972 ptas., equivalente ó 2% do tipo de licitación.

E da obra accesos ós núcleos de Ourol, Merille, Xerdiz, Bravos, Sixto e San Pantaleón (PCOS-1998), será de 165.280 ptas., equivalente ó 2% do tipo de licitación.

-Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación de cada proxecto.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ourol (Lugo).

b) Domicilio: Ourol.

c) Localidade e código postal: Ourol, 27865.

d) Teléfono: 982 55 91 09.

e) Fax: 982 55 90 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro posterior á data de publicación deste anuncio para os efectos do cómputo dos prazos indícase que os días son naturais.

g) Criterios que servirán de base para a adxudicación:

* Unidade de obra completa adicional.

* Relacións contractuais anteriores con este concello.

* Prezo.

* Menor prazo de execución das obras.

6. Gastos de anuncios: o pagamento do importe dos anuncios será por conta dos contratistas adxudicatarios.

7. Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse en man, no rexistro de licitacións do concello, durante os trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e no DOG, no que figurará como lema o título da obra a que se licite, de acordo co modelo que figura no anexo. Se se licitase ás dúas obras, a documentación e proposición de cada obra presentarase independientemente.

A documentación que se vai achegar será a esixida nas cláusulas 11 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de plicas.

* Lugar: Casa do Concello.

* Data: primeiro día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación de plicas, sempre que non coincida en sábado; en tal caso, abriríanse o primeriro día hábil seguinte.

* Hora: doce horas.

ANEXO

Don/Dona ..., maior de idade, veciño/a de ..., titular do DNI ..., expedido con data ... en nome propio (ou en representación de ..., veciño/a de ... con domicilio en ... como acredito con poder con suficiendia verificada) informado/a do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, as obras de ... comprométome a executalas atendendo os criterios obxectivos de adxudicación nas seguintes condicións:

1. Unidades de obra completa adicional.

2. Relacións contractuais anteriores con este concello.

3. Prezo.

4. Menor prazo de execución das obras.

En ..., o ... de ... de 199....

O/A licitador/ra (asinado e rubricado).

En Ourol o 27 de xuño de 1998.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde

5821