Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de estudio de detalle.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 20 de maio de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle para o sinalamento de rasantes dunha rúa perpendicular á C-550 no tramo correspondente á ordenanza 3 nas Angustias, promovido por Esteban Luís García e redactado pola arquitecta Carmen Vila Pérez.

Durante o prazo dun mes exponse ó público o expediente co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 8 de xuño de 1998.

José Villar Pereira

Alcalde

6471