Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

Próximo a remata-lo prazo legal polo que se nomeou xuíz de paz substituto deste municipio, en cumprimento do establecido na Lei orgánica do poder xudicial, e co fin de proceder á nova elección, ábrese a seguinte convocatoria:

1. Obxecto: presentación de solicitudes perante o alcalde-presidente deste concello, por parte de

quen desexe exerce-lo cargo de xuíz de paz substituto.

2. Prazo de presentación: 15 días hábiles a partir da última publicación no BOP ou no DOG.

3. Condicións legais dos aspirantes ou solicitantes: aparecen publicadas no BOP de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Arbo, 4 de xuño de 1998.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde

6434