Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámitación de urxencia, para a contratación da obra de reparación de cubertas e impermeabilización de fachadas no grupo de VPP de Viana do Bolo, Ourense. (Expediente OU-98/REP05).

Obxecto: execución de obras de reparación de cubertas e impermeabilización de fachadas no grupo de VPP de Viana do Bolo, Ourense.

Orzamento: quince millóns cincocentas corenta e nove mil setecentas dezaseis (15.549.716) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 7, categoría c.

Garantía provisional: trescentas dez mil novecientas noventa e catro (310.994) pesetas.

Garantía definitiva: seiscentas vinteúnha mil novecientas oitenta e nove (621.989) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidese en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax número 981 54 19 02 no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

5822