Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para adxudicar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, un contrato de consultoría e a asistencia en arquitectura e urbanismo ó Concello de Cervo.

Este anuncio faise en cumprimento do disposto no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Tfno.: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello, onde poderá obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato:

a) Redacción dos seguintes proxectos a nivel básico e de execución:

* Proxecto para centro cultural, biblioteca e pavillón de deportes.

* Proxecto de parque e urbanización de Lobeiras.

* Proxecto de mercado de abastos e consumo.

b) Asistencia ó concello en materia de arquitectura e urbanismo.

c) Dirección técnica de tódalas obras municipais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) Para a redacción de proxectos: 15.500.000 ptas., tódolos impostos incluídos.

b) Para a asistencia ó concello en materia de arquitectura e urbanismo: 25.000 ptas., tódolos impostos

incluídos, por día completo de servicios efectivamente prestados.

c) Para a dirección técnica de tódalas obras municipais: 1.500.000 ptas./ano, con tódolos impostos incluídos.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% tipo.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Presentación de ofertas:

a) As ofertas presentaranse, no Concello de Cervo, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

7. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

Cervo, 29 de xuño de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

5621