Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador IF 89/1997 e catro máis, devoltos polo servicio de correos (incendios-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan

a resolución do expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio administrativo da Xunta de Galicia-Ronda da Muralla,70 no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

ANEXO:

Expediente: IF-89/97.

Denunciado: Arturo Brea López (DNI 33.799.847).

Enderezo: r/ Catasol, nº15-2º-Lugo.

Feitos imputados: queimar lixo (caixas de cartón) a uns 60 m de distancia de árbores e vexetación; existe perigo de incendio no caso de levantarse un pouco vento, e non haber ningunha persoa atendendo a evolución do lume.

Precepto sancionador: artigo 137.b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 15.000 pesetas.

Expediente: IF-97/97.

Denunciado: Alejandro Juan Cadarso Cerdeiriña (DNI 32.759.132).

Enderezo: Av. de Arteixo, 4-8º-A Coruña.

Feito denunciado: depositar un vehículo semidespezado no monte, marca Citroen/matrícula M-5221-NJ; está prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: Art. 136.j)137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 pesetas de multa.

Expediente: IF100/97.

Denunciado: Ramón Roca Montenegro (DNI 33.850.701)

Enderezo: r/ As Fontiñas, 2º-4- Vilalba (Lugo).

Feito denunciado: depositar un vehículo en zona forestal, marca Seat-1200/matrícula C-3277-J, rodeado de mato e próximo ó arboredo; está prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: Art.136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 pesetas de multa.

Expediente: IF 162/97.

Denunciado: Antonio Mourelle López (DNI 34.249.563).

Enderezo: Sobrecedo, nº 4-Taboada (Lugo).

Feitos imputados: abandonar un vehículo próximo ó monte, marca Renault 4, matrícula PO-3374-M; está prohibido botar lixo, restos industriais ou de calquera clase que supoñan perigo de incendio forestal.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 pesetas de multa.

Expediente: IF 177/97.

Denunciado: José Manuel Pérez Lodeiro

(DNI 32.764.248).

Enderezo: r/ Almirante Mourelle, 40-4ºC - A Coruña.

Feito denunciado: facer unha fogueira nas proximidades dunha zona de arboredo; está prohibido facer fogueiras por grupos de excursionistas ou grupos de acampadas fóra dos lugares habilitados para tal fin, en época de máximo risco de incendios forestais.

Precepto infrinxido: Art.137.b) do Regulamento de incendios.

Calificación infracción: grave.

Sanción: 5.000 pesetas de multa.

Lugo, 3 de xuño de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

6446