Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador no orde social 58/1998.

Ó non atoparse no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Económia e Facenda, do 22-5-1987.

Expediente: 58/1998.

Acta nº: 2158/98(I).

Titular: Estructuras Cota Cero, S.L.

NIF/DNI: B-81.690.208.

Enderezo: San Felipe Neri, 3 Alcalá de Henares 28.801 Madrid.

Materia: S.H.

Data resolución: 20-3-1998.

Sanción: 1.100.000 ptas.

A Coruña, 8 de xuño de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5886