Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para a realización do Programa de Saneamento Gandeiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

c)Números de expediente: 98/09/1165 e 98/09/1166.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de tubos para a obtención de mostras de sangue ó baleiro con agullas e portatubos para a realización do Programa de Saneamento Gandeiro, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que se van entregar: detállanse as características do material no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nas dependencias da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

e) Prazo de execución: trinta (30) días, contados desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trinta e tres millóns de pesetas (33.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional: seiscentas sesenta mil pesetas (660.000 ptas.).

Definitiva: un millón trescentas vinte mil pesetas (1.320.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación da ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 4 de agosto de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data:7 de agosto de 1998.

e) Hora:13 horas.

10.Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

6028