Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación do concurso e procedemento aberto da consultoría e asistencia consistente no control e seguimento dos pesticidas sobre a fermentación vírica para un programa de producción integrada.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

c) Número de expediente: 98/09/849.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: control e seguimento dos pesticidas sobre a fermentación vírica para un programa de producción integrada.

c) Boletín ou Diario Oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 87, do 8 de maio de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total catorce millóns setecentas sesenta mil pesetas (14.760.000 ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 9 de xuño de 1998.

b) Contratista: Pedro Miguel Piñeiro Lago.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catorce millóns de pesetas (14.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

6447